CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


100 votos
Votar | | | |


04-10-2020

Curso sobre estratexias de comunicación para servizos de normalización lingüística

Estratexias de comunicación para SNL
A CTNL organiza un curso sobre estratexias de comunicación para servizos de normalización lingüística, que se desenvolverá en liña a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo. Impartirao Emma Torres Romay, profesora titular de Estratexia Publicitaria da UVigo, e terá lugar os días 22, 23, 29 e 30 de outubro e 5 e 6 de novembro de 9.00 a 11.00 h.


POR QUE ESTE CURSO?

A finalidade desta actividade formativa é dotármonos de estratexias e ferramentas para mellorar a comunicación do traballo de normalización da lingua, tanto facendo uso dos medios de comunicación convencionais como creando medios propios.

OBXECTIVOS DO CURSO

- Comprender a realidade dos medios de comunicación en Galicia
- Entender os conceptos de cultura e identidade corporativa
- Entender o funcionamento dos departamentos de comunicación institucional
- Deseñar plans estratéxicos de comunicación para institucións locais
- Adaptar a comunicación aos distintos públicos de interese
- Desenvolver habilidades para a relación cos medios de comunicación
- Entender os procesos de contratación de publicidade
- Optimizar a capacidade de xestión dos medios dixitais propios dos SNL
- Desenvolver habilidades para crear contidos de interese para os medios dixitais
- Capacitar para crear un social media plan
- Comprender os resultados das estratexias implementadas

CONTIDOS

O curso combinará contidos teóricos con exercicios e actividades prácticas, todo adaptado á realidade do traballo de normalización da lingua, especialmente en SNL. Os contidos distribúense en tres bloques temáticos:

I. Conceptos básicos sobre estratexias de comunicación
1.1. Comunicación e medios
1.1.1. Conceptos básicos para a creación de estratexias de comunicación
1.1.2. Panorama xeral dos medios de comunicación en Galicia
1.2. Comunicación e institucións
1.2.1. Cultura corporativa e estratexia política
1.2.2. Identidade corporativa: marketing, branding e outros conceptos
1.2.3. Comunicación interna e externa
1.2.4. Funcionamento dos departamentos de comunicación
1.3. Plans estratéxicos de comunicación
1.3.1. O procedemento estratéxico: técnicas e deseño
1.3.2. Elementos básicos da estratexia: obxectivos e posicionamento
1.3.3. O públicos de interese
1.3.4. A axenda estratéxica

II. Estratexias de comunicación convencionais
2.1. Os medios gañados
2.1.1. A relación cos medios de comunicación
2.1.2. Ferramentas de comunicación
2.2. Os medios pagados
2.2.1. A xestión da publicidade
2.2.2. Ferramentas de comunicación

III. Estratexias de comunicación dixitais
3.1 Comunicación en contornas dixitais
3.1.1. Dinamización e xestión de plataformas
3.1.2. Viralización
3.2. Estratexias de contidos (branded content e brand journalism)
3.3. Social media plan e community manager
3.4. Monitorización e medición de resultados

As actividades prácticas incluirán:

- tarefas de análise sobre a situación comunicativa dos SNL, sobre a audiencia e o seguimento de medios locais, sobre a identidade corporativa, sobre o paso da nota de prensa á información…
- exercicios de deseño e elaboración de ferramentas comunicativas: mapas de públicos, plans estratéxicos e de acción, notas de prensa, publicacións en redes sociais, accións coordinadas de comunicación…

DOCENTE

Emma Torres Romay, profesora titular de Estratexia Publicitaria na Universidade de Vigo e doutora en Comunicación Audiovisual e Publicidade pola mesma universidade.

Ten tamén experiencia profesional na Radio Galega e nos gabinetes de prensa da Consellería de Xustiza e da Universidade de Vigo.

PERSOAS DESTINATARIAS

- Técnicos/as de servizos de normalización lingüística (SNL)
- Traballadores/as de empresas, asociacións e outras entidades relacionadas coa normalización da lingua
- Persoas interesadas en traballar pola normalización da lingua

Límite de prazas: 25.

FORMATO DO CURSO

O curso desenvolverase en liña a través da sala virtual da docente no Campus Remoto da Universidade de Vigo:

https://campusremotouvigo.gal/

O alumnado recibirá unha ligazón e un contrasinal para acceder á sala virtual e participar no curso. A sala conta cun cartafol de arquivos e sala de videoconferencia. O uso da sala de videoconferencias é sinxelo e intuitivo e permite intervir por escrito ou mediante a voz.

Necesidades técnicas para participar no curso:
- Equipo informático con navegador e software flash actualizados
- Altofalantes, cámara e micro.
- Conexión estable a Internet e con certa largura de banda.

DATAS E HORARIO

As sesións do curso terán lugar os días 22, 23, 29 e 30 de outubro e o 5 e 6 de novembro, de 9 a 11 horas.

DURACIÓN DO CURSO

14 horas (12 de conexión síncrona e 2 de traballo persoal)

PRAZO DE INSCRICIÓN

-Do 5 ao 16 de outubro de 2020

AVISO: non se habilitará o formulario de inscrición ata que comece este prazo.

ORGANIZA
- CTNL

COLABORAN
- Universidade de Vigo
- Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Información completa e formulario de inscrición.

Convocatoria completa en .pdf


Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020

Avisos

    mes anterior
    Decembro de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego