26-10-2020Nova edición das Xornadas Malas Linguas da Deputación da Coruña
O ciclo de xornadas
Malas Linguas: activando falantes do século XXI continúa este ano con
dúas citas en liña, de dúas horas de duración (das 17.00 ás 19.00 h) e de aceso libre para calquera persoa interesada. As xornadas Malas Linguas están organizadas pola
Sección de Normalización Lingüística da Deputación Provincial de Coruña.
A actividade formativa e de reflexión complétase cunha
sesión de traballo interna dirixida exclusivamente á rede de técnicos/as de normalización lingüística dos concellos da provincia, que terá lugar o 17 de novembro entre as 10.00 e as 11.30 h.
PROGRAMA DAS XORNADAS ABERTAS Día
10 de novembro: Boas prácticas para as linguas minorizadas do estado- 17.00 h:
benvida de María Muíño, delegada de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña
-
15.15-18.30 h: mesa redonda con:
>
Paula Kasares, Universidade Pública de Navarra
>
Isaac Lourido, Universidade da Coruña
>
Xian Naia, investigador
- 19.00 h: remate
Día
12 de novembro: Revitalización lingüística en linguas ameazadas- 17.00 h: benvida
-
15.15-18.30 h: mesa redonda con:
>
Mònica Barrieras, Universidade de Barcelona e membro do Grup d´Estudi de Llengües Amenaçades (GELA)
>
Itziar Idiazabal, Universidade do País Vasco
- 19.00 h: remate
INSCRICIÓNAs
sesións abertas poderanse seguir libremente a través de YouTube ou
participar por medio de Zoom, para o que é necesario inscribirse aquí. Para a sesión de traballo interna do día 17 tamén cómpre inscrición na mesma ligazón.
Máis información no
web da Deputación da Coruña