25-10-2020XIII Xornada “Os recursos educativos en galego”: igualdade e xénero
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación da USC organiza a
XIII Xornada “Os recursos educativos en galego”, que estará dedicada á igualdade e ao xénero. As sesións terán lugar o 25 de novembro de 2020, en horario de 16:00 a 19:30 horas, mediante videoconferencia a través de Lifesize.
Inscricións: até o 19 de novembro.
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación organiza a
XIII Xornada "Os recursos educativos en galego", desta volta dedicada á cuestión da
igualdade e o
xénero.
Terá lugar o
25 de novembro de 2020 mediante
videoconferencia a través de Lifesize, co obxectivo principal de crear un espazo para o debate e a reflexión ao redor dos recursos educativos en lingua galega, e máis concretamente:
- Coñecer os recursos educativos existentes en lingua galega para a educación sobre xénero e igualdade.
- Definir estratexias e criterios para buscalos e escolmalos.
- Promover a creación de recursos educativos e materiais didácticos propios adaptados ás necesidades contextuais e lingüísticas de Galicia.
- Impulsar a difusión de experiencias educativas centradas na utilización e elaboración de recursos didácticos en lingua galega
Esta xornada está dirixida ao alumnado, PDI e PAS das universidades galegas interesado en coñecer estratexias que axuden a mellorar o uso e coñecemento dos recursos didácticos en galego relacionados coa cuestión da igualdade e o xénero, así como profesionais interesados/as.
PROGRAMA- 16:00: acto inaugural
- 16:30:
Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia, Montserrat Pena Presas
- 17:30:
Apoio LGTBI e normalización no IES As Barxas. Un proxecto transversal, Denís Vicente
- 18:00: pausa
- 18:15:
O dereito á coeducación (monográfico núm. 75 da Revista Galega de Educación), Sonia Fernández Casal
- 18:45:
Papá, por que non pintas as unllas de cores? Educando (construíndo) masculinidades disidentes, Jorge García Marín
- 19:15: conclusións e clausura
InscriciónsA inscrición é gratuíta e está aberta
até o 19 de novembro de 2020.
Máis información sobre a xornada e o programa
na Área de Dinamización da USC.