CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


1 votos
Votar | | | |


25-10-2020

XIII Xornada “Os recursos educativos en galego”: igualdade e xénero

XIII Xornada “Os recursos educativos en galego”: igualdade e xénero
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación da USC organiza a XIII Xornada “Os recursos educativos en galego”, que estará dedicada á igualdade e ao xénero. As sesións terán lugar o 25 de novembro de 2020, en horario de 16:00 a 19:30 horas, mediante videoconferencia a través de Lifesize. Inscricións: até o 19 de novembro.








A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación organiza a XIII Xornada "Os recursos educativos en galego", desta volta dedicada á cuestión da igualdade e o xénero.

Terá lugar o 25 de novembro de 2020 mediante videoconferencia a través de Lifesize, co obxectivo principal de crear un espazo para o debate e a reflexión ao redor dos recursos educativos en lingua galega, e máis concretamente:

- Coñecer os recursos educativos existentes en lingua galega para a educación sobre xénero e igualdade.
- Definir estratexias e criterios para buscalos e escolmalos.
- Promover a creación de recursos educativos e materiais didácticos propios adaptados ás necesidades contextuais e lingüísticas de Galicia.
- Impulsar a difusión de experiencias educativas centradas na utilización e elaboración de recursos didácticos en lingua galega

Esta xornada está dirixida ao alumnado, PDI e PAS das universidades galegas interesado en coñecer estratexias que axuden a mellorar o uso e coñecemento dos recursos didácticos en galego relacionados coa cuestión da igualdade e o xénero, así como profesionais interesados/as.

PROGRAMA

- 16:00: acto inaugural

- 16:30: Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia, Montserrat Pena Presas

- 17:30: Apoio LGTBI e normalización no IES As Barxas. Un proxecto transversal, Denís Vicente

- 18:00: pausa

- 18:15: O dereito á coeducación (monográfico núm. 75 da Revista Galega de Educación), Sonia Fernández Casal

- 18:45: Papá, por que non pintas as unllas de cores? Educando (construíndo) masculinidades disidentes, Jorge García Marín

- 19:15: conclusións e clausura

Inscricións

A inscrición é gratuíta e está aberta até o 19 de novembro de 2020.

Máis información sobre a xornada e o programa na Área de Dinamización da USC.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020

Avisos

    mes anterior
    Decembro de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego