CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


10 votos
Votar | | | |


19-11-2020

A educación plurilingüe a debate no Consello da Cultura Galega

A educación plurilingüe a debate
O Consello da Cultura Galega organiza as xornadas Educación plurilingüe: achegas para o debate, que terán lugar en liña os días 3 e 10 de decembro. Non é necesaria inscrición e pódese participar enviando preguntas a participa@consellodacultura.gal.




Transcorrida unha década desde a aprobación do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, o Consello da Cultura Galega quere contribuír ao debate sosegado sobre a educación plurilingüe, analizando o concepto desde a perspectiva das linguas minorizadas e das comunidades bilingües, e ofrecendo experiencias e datos do que está a acontecer no ámbito do ensino en Galicia.

Con este obxectivo, o vindeiros días 3 e 10 de decembro de 2020 terán lugar os debates en liña Educación plurilingüe: achegas para o debate, que se poderán seguir en directo desde o web do CCG, e participar enviando preguntas a participa@consellodacultura.gal.

Nun formato similar ao dos últimos Encontros para a Normalización Lingüística, os vídeos das intervencións, gravados previamente, estarán accesibles en liña tres días antes de cada sesión de debate, é dicir, os días 1 e 7 de decembro.

PROGRAMA

I. EDUCACIÓN PLURILINGÜE: OBXECTIVOS E ESTRATEXIAS

Martes, 1 de decembro


10:00 h: publicación dos relatorios gravados da primeira xornada, Educación plurilingüe: obxectivos e estratexias, en consellodacultura.gal

Xoves, 3 de decembro

18:00 h: debate

Modera: Henrique Monteagudo, profesor de Sociolingüística, USC

Relatorios:

- Educación plurilingüe: obxectivos, instrumentos e factores condicionantes, por Bieito Silva Valdivia, profesor da USC

- A planificación da adquisición da lingua catalá: o novo calidoscopio multilingüe, por Miquel Àngel Pradilla Cardona, presidente da Sociedad Catalana de Sociolingüística e director da CRUSCAT de l`IEC

- Educación plurilingüe e revitalización de linguas minorizadas: o caso do éuscaro na comunidade autónoma vasca, por Ibon Manterola, profesor agregado da Universidad del País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea (UPV/EHU)

II. EDUCACIÓN PLURILINGÜE: SITUACIÓN EN GALICIA

Luns, 7 de decembro


10:00 h: publicación dos relatorios gravados da segunda xornada, Educación plurilingüe: situación en Galicia, en consellodacultura.gal

Xoves, 10 de decembro

18:00 h: debate

Modera: Mercedes Queixas, profesora de Lingua e Literatura Galega

Relatorios:

- Do marco ás aulas, por Valentina Formoso, profesora no IES do Milladoiro

- Educación plurilingüe en Galicia: reconsideración dun proxecto lingüístico paradóxico, por María López Sández, profesora de Ensino Secundario e profesora asociada da área de Didáctica da Lingua e da Literatura da USC

- O Mapa Sociolingüísitica Escolar de Ames: a educación plurilingüe no periurbano, por Xaquín Loredo, Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega

Programa en .pdf e máis información no web do CCG.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30 31  
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego