CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


10 votos
Votar | | | |


19-11-2020

O LGx15 2020 comeza este domingo na túa pantalla

LGx15 2020
Este ano trasladamos a edición do LGx15. Ideas para o futuro da lingua ás pantallas dos vosos dispositivos electrónicos, cunha versión de vídeos en liña que se estrearán en YouTube e Facebook entre o domingo 22 e o sábado 28 de novembro ás 21.00 h.


A situación sanitaria non nos impediu organizar este ano unha nova edición do LGx15. Ideas para o futuro da lingua, o evento de charlas dun máximo de 15 minutos para compilar ideas, experiencias e propostas que poidan mellorar o futuro da lingua.

Mais si houbo cambios e adaptacións ao contexto de pandemia: os vídeos graváronse sen público e chegarán ás pantallas dos nosos dispositivos electrónicos a partir deste domingo na canle de YouTube da CTNL e no Facebook do LGx15, onde xa se poden ver algúns extractos. As estreas dos vídeos terán lugar todas ás 21.00 h.

SETE INTERVENCIÓNS PARA O FUTURO DA LINGUA

A sexta edición do LGx15 inclúe sete charlas breves, nas cales se transmitirán de maneira visual, entretida e divertida ideas, argumentos e consellos para influír positivamente sobre o futuro do idioma. As persoas convidadas este 2020 ao LGx15 faláronnos dos seguintes temas:

- Ángel Carracedo (doutor en Medicina pola USC) abordará desde a súa experiencia persoal o uso do galego na ciencia, no ensino universitario ou na divulgación científica, cunha intervención titulada O galego na miña vida. Poderemos vela o domingo 22 ás 21.00 horas.

- Ao día seguinte (luns 23) é a vez Esther Estévez, xornalista que coñecemos polo fenómeno lingüístico-mediático do ano, o #DígochoEu, desafíanos co título E falarei como eu queira, ou? para tratar das vantaxes de transmitir contidos lingüísticos de forma divertida.

- Adrián Dios (adestrador de baloncesto e profesor universitario) tamén nos falará da súa experiencia como adestrador e árbitro de baloncesto e daranos argumentos para que o galego se asente na práctica deportiva, especialmente dos nenos e das nenas. Poderemos escoitar Sempre coa lingua fóra: usando o galego no deporte o martes 24.

- Beatriz Campos é actriz, narradora e presentadora. Coa súa intervención, En galego, dende o berce, conseguirá convencernos da nosa responsabilidade para transmitir a lingua e daranos estupendos consellos para logralo. Será o mércores 25 de novembro.

- Laura Marín é a participante máis nova desta edición pero ten as ideas moi claras. Desde a súa mirada de 16 anos sabe cal é O camiño para volver ó galego, superando as dificultades con moito compromiso e constancia. Escoitarémola o xoves 26.

- O penúltimo participante é Manuel Gago (xornalista, profesor universitario e escritor), quen nos falará de palabras, patrimonio e o sistema operativo de Galicia. Levo milenios de memoria entre os meus beizos é o suxestivo título da súa intervención, que poderemos escoitar o venres 27.

- E o LGx15 de 2020 pecha co dúo de moda nestes momentos, Verto. Alberto Mira e Fernando Peleteiro falarannos de Música pop e normalización lingüística, da democratización da música e de como ven eles o futuro. Será o sábado 28 de novembro ás 21.00 h.

Todas estas intervencións foron gravadas na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta, grazas á cesión do espazo por parte do Concello de Santiago de Compostela. Así mesmo, o LGx15 conta coa axuda económica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Os sete vídeos deste ano uniranse ás 38 intervencións das edicións anteriores. Todas elas poden verse no web do LGx15 e en YouTube (2015, 2016, 2017, 2018 e 2019).


Ligazóns relacionadas


Calendario de estreas

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30 31  
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego