CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


361 votos
Votar | | | |


13-12-2020

Agasallo.eu, unha porta para regalarmos en galego

Agasallo.eu
Agasallo.eu é un web creado pola CTNL onde se recollen propostas para regalar en galego. Libros, música, audiovisual, xogos, produtos téxtiles e de alimentación son algunhas das categorías onde procurarmos ideas para escoller os nosos agasallos.


A plataforma Agasallo.eu creouna en 2013 a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) co obxectivo de compilar e difundir agasallos en galego diversos e para todas as idades. Este repositorio non é unha tenda en liña, senón unha mostra de produtos que podemos regalar, que están en galego e que encontraremos en tendas físicas ou na rede.

Son ademais produtos de aquí, de proximidade, elaborados por empresas e creadores galegos que apostan polo uso da nosa lingua. Desta forma tamén queremos contribuír a apoiar o comercio local e as entidades e persoas que traballan en galego. Outro dos obxectivos da plataforma é facer reflexionar as persoas consumidoras á hora de escolleren os seus regalos, para que tamén a lingua en que están os produtos sexa un factor de elección. Por exemplo, se buscamos unha camiseta ou unha cunca para regalar, tamén podemos escollelas en galego deseñadas e elaboradas por empresas de aquí. Ademais, se nós como compradores e compradoras pedimos ou encargamos produtos en galego, axudaremos a que eses agasallos estean cada vez máis ao noso dispor nas tendas e áreas comerciais.

Para facilitar a busca en Agasallo.eu, os produtos están clasificados en nove categorías (Libros, Música, Audiovisual, Xogos, Tecnoloxía, Téxtil, Experiencias, Alimentación e Outros), que á súa vez se dividen en subcategorías tendo en conta a temática e a idade, co fin de favorecer a procura de regalos dirixidos ao público infantil e xuvenil (en libros, audiovisuais e música). A plataforma tamén conta cun buscador simple e outro avanzado que permite discriminar os produtos por prezo, idade e tipo de proposta.

Para a difusión de Agasallo.eu, a CTNL dispón de cadansúa conta en Facebook e Twitter, onde se van anunciando as novas incorporacións ao repositorio, xa que se trata dunha plataforma aberta que se actualiza ao longo de todo o ano.

Evidentemente, Agasallo non é un repositorio que inclúa todo o que se fai en galego. É unha escolma e unha porta que permitirá as persoas usuarias ir alén da propia plataforma e encontrar nas webs das empresas participantes máis produtos que lles poidan interesar.


Ligazóns relacionadas


Nota informativa

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego