22-12-2020Axudas da Deputación da Coruña para creación, reforzo e mantemento de SNL en 2021
A
Deputación Provincial da Coruña anunciou as bases do programa de axudas para a
creación, mantemento e reforzo de servizos de normalización lingüística nas entidades locais. Esta
regulación publicouse corrixida no
BOP da Coruña do 22 de decembro de 2020.
ENTIDADES BENEFICIARIASPoderán solicitar esta subvención
concellos da provincia da Coruña de
5.000 ou máis habitantes ou
agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais que, entre eles, cheguen ao mesmo número mínimo de habitantes.
MODALIDADES DE AXUDAS:A convocatoria establece
tres modalidades de axudas:
-
creación de novos servizos de normalización lingüística
-
mantemento de servizos de normalización lingüística xa existentes
-
reforzo de servizos de normalización lingüística xa existentes (única modalidade a que poden concorrer as cidades da provincia, A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela)
IMPORTE DAS AXUDASAs axudas servirán para financiar as retribucións do persoal técnico dos servizos de normalización lingüística (SNL).
O importe total do crédito consignado (
500.000 euros) distribuirase a partes iguais entre as entidades beneficiarias, que recibirán unha
cantidade fixa de 15.000 euros se a contratación se produce durante todo ano e a xornada completa. O importe reducirase proporcionalmente á xornada desenvolvida polo persoal.
FORMA E PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESDe acordo coa base 7.1 da convocatoria, os
prazos de inicio e fin de presentación de solicitudes
determinaranse a partir da publicación no BOP da convocatoria segundo a remisión da Base de Datos Nacional de Subvencións (
BDNS). Este
extracto publicouse no
BOP do 15 de xaneiro de 2021 e estableceu como
data límite para presentar solicitudes o 29 de xaneiro ás 14.00 horas.
As
solicitudes presentaranse telematicamente na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da
plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTeL).
Así mesmo, na base 9.1 tamén se especifica o
prazo de xustificación das subvencións unha vez concedidas: até as 14:00 horas do 30 de abril de 2022.
Información máis detallada:
- nas
bases específicas reguladoras desta convocatoria, en .pdf (BOP do 22 de decembro de 2020)
- no
extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 15 de xaneiro de 2021)
ADDENDAS-
Resolución provisional das axudas, en .pdf (BOP da Coruña do 30 de marzo de 2021)
-
Resolución definitiva das axudas, en .pdf (BOP da Coruña do 14 de xullo de 2021)