CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


52 votos
Votar | | | |


11-01-2021

O ILG pon en marcha DOA, programa para a participación cidadá na recollida de léxico patrimonial

Programa DOA
DOA é un programa de participación cidadá para a achega de datos léxicos que acaba de presentar o Instituto da Lingua Galega (ILG). DOA intégrase no proxecto Patrimonio léxico da Gallaecia, que ten como obxectivo documentar e mostrar a variación no léxico patrimonial actual na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.


DOA é un programa de participación cidadá para achegarmos datos léxicos que acaba de promover o Instituto da Lingua Galega (ILG), institución que neste ano 2021 fai 50 anos. DOA intégrase á súa vez dentro do proxecto Patrimonio léxico da Gallaecia, financiado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (2019-2020), que ten como obxectivo documentar e mostrar a variación no léxico patrimonial actual dentro dos concellos que forman parte da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.

O ILG leva décadas promovendo, por múltiples vías, a recolleita e difusión do inmenso patrimonio léxico de Galicia, sempre apelando ao saber e complicidade dos seus donos e donas, os galegofalantes. Por este motivo, as doazóns pasarán a integrar o banco de datos do Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués, convenientemente identificadas co nome do proxecto e o ano da recolla, e serán tamén incorporadas no recurso Patrimonio léxico da Gallaecia, que permitirá recoñecer as diferentes denominacións rexistradas en Galicia para un mesmo concepto.

COMO PARTICIPARMOS EN DOA

O sistema de participación é moi sinxelo, de xeito que calquera que queira colaborar pode cubrir os formularios que se irán subindo nesta páxina, con temáticas que mudarán en sucesivas campañas. Nestes momentos xa hai dispoñibles dous formularios sobre nomes de insectos, onde se poden achegar tanto as formas léxicas das imaxes propostas como cantigas, refráns ou outros comentarios.

As palabras recollidas teñen que escribirse coa maior fidelidade posible á forma utilizada, respectando as súas características fonéticas e morfolóxicas (se dicimos “vespa”, debemos escribir vespa e non avespa). O seseo e a gheada debemos sinalalos mediante o uso das grafías s (sapateiro) e gh (eirugha) respectivamente.

O ILG agradece de antemán todas as achegas ao proxecto. Os nomes das persoas colaboradoras que así o desexen figurarán nunha listaxe pública no web do programa.

Web do proxecto Patrimonio léxico da Gallaecia e páxina para colaborar

Información no Xornal da USC

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021

Avisos

    mes anterior
    Decembro de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego