11-01-2021II Xornadas de Normalización Lingüística no ensino
As
II Xornadas de Normalización Lingüística. Debate e reflexión sobre a lingua no ensino teñen os seguintes
obxectivos e contidos:
Obxectivos1. Revisar distintas propostas de tratamento de linguas en situación de linguas en contacto
2. Reflexionar sobre a situación actual da lingua galega no ensino e do seu marco teórico
3. Facer propostas de mellora para impulsar o uso progresivo da lingua galega
Contidos- A situación da lingua galega en diferentes contextos
- Distintas actuacións para o tratamento da lingua galega no ensino dentro do marco da lexislación actual
- Propostas para a progresiva normalización da lingua galega
- Experiencias de normalización lingüística nos centros educativos
Esta
actividade formativa terá lugar por
videconferencia o
sábado 23 de xaneiro, en sesións de mañá e tarde:
Sesión de mañá10:00-12:30 h: LOMLOE e as linguas de aprendizaxe, debate entre:
- Sandra Vázquez Domínguez (PP)
- Mercedes Queixas Zas (BNG)
- Noa Díaz Varela (PSdG-PSOE)
13:00: presentación das Bases para a normalización do ensino en Galiza
Sesión de tarde16:00: Temos lingua, temos dereitos, Elsa Quintas Alborés, A Mesa pola Normalización Lingüística
17:00: Galeguiza-T e Colectivo Xa: plataformas para a normalización lingüística do estudantado, Alberte Pombo, docente
18:00: A radio como axente normalizador. Tecendo redes de colaboración, Manolo Maseda, docente
19:00: A Liña do Galego, unha ferramenta para garantir os nosos dereitos lingüísticos, Sara Seco Rial, técnica de A Liña do Galego
A
inscrición é
gratuíta e realízase
nesta ligazón.
Máis información no web de
CIG-Ensino.