CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


195 votos
Votar | | | |


14-01-2021

Somos Xogo, unha iniciativa de Xandobela para divulgar o patrimonio lúdico galego

Somos Xogo
Xandobela. Educación e Cultura presentou Somos Xogo, un proxecto de divulgación do patrimonio lúdico galego e da creatividade xogantina. A iniciativa inclúe unha feira xogantina, a escola do xogar e o concurso “Xoga en galego”, que ten aberto o prazo para participar até o 28 de febreiro de 2021.







Xandobela. Educación e Cultura presentou esta semana o programa Somos Xogo, unha iniciativa que busca promover e divulgar do patrimonio lúdico galego e a creatividade xogantina. Nesta campaña desenvólvense varias accións:

1. CONCURSO "XOGA EN GALEGO"

Trátase dun certame de creación de xogos de mesa en galego para público infantil e familiar, cos seguintes obxectivos:

a) Dinamizar o uso da lingua galega entre o colectivo infantil e familiar en contextos educativos e sociais diversos.

b) Potenciar a creación lúdica colectiva.

c) Impulsar procesos e actividades de dinamización lingüística relacionados directamente co xogo para o colectivo infantil e familiar en contextos e tempos de lecer dun xeito participativo.

No certame poden participar persoas ou grupos da provincia da Coruña, que deberán presentar unha memoria explicativa do xogo ou xogos con que concorran. O prazo para participar está aberto até as 23:59 horas do 28 de febreiro de 2021.

Logo no web de Somos Xogo colgaranse todos os xogos que concorran no concurso. Disporemos así dun repositorio de xogos descargables e imprimibles en galego, para seren xogados por calquera persoa.

Máis información e bases aquí.

2. ESCOLA DE XOGAR

A segunda acción consiste nunha campaña de dinamización social e escolar de difusión do patrimonio lúdico galego, cun catálogo de dúas actividades para desenvolver nas escolas, asociacións e concellos interesados:

- Xoguetoloxía co que che caia nas mans (de 4 a 8 anos)
- Xoguetoloxía sen nada nas mans (de 8 a 12 anos)

Máis información aquí.

3. FEIRA XOGANTINA

A terceira acción é a elaboración dun repositorio e escaparate de entidades, iniciativas e recursos lúdicos galegos: asociacións e colectivos, artesanía, deseño de xogos, tendas, ludotecas itinerantes… e outras iniciativas e experiencias relacionados co xogo e o patrimonio lúdico.

Coa feira, de momento virtual, Xandobela busca dar mostra da diversidade, riqueza e heteroxeneidade das propostas existentes arredor do xogo e do patrimonio lúdico, polo que teñen cabida iniciativas e experiencias de asociacións e outros colectivos, artesanía, deseño de xogos, tendas... Pódese participar na feira xogantina escribindo a info@xandobela.info.

Máis información aquí.

O proxecto Somos Xogo está subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña a través da convocatoria de produción de proxectos singulares de especial interese cultural na provincia (ano 2020).

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego