14-01-2021Somos Xogo, unha iniciativa de Xandobela para divulgar o patrimonio lúdico galego
Xandobela. Educación e Cultura presentou esta semana o programa
Somos Xogo, unha iniciativa que busca promover e divulgar do patrimonio lúdico galego e a creatividade xogantina. Nesta campaña desenvólvense varias accións:
1. CONCURSO "XOGA EN GALEGO"Trátase dun certame de
creación de xogos de mesa en galego para público infantil e familiar, cos seguintes
obxectivos:
a) Dinamizar o uso da lingua galega entre o colectivo infantil e familiar en contextos educativos e sociais diversos.
b) Potenciar a creación lúdica colectiva.
c) Impulsar procesos e actividades de dinamización lingüística relacionados directamente co xogo para o colectivo infantil e familiar en contextos e tempos de lecer dun xeito participativo.
No certame
poden participar persoas ou grupos da provincia da Coruña, que deberán presentar unha
memoria explicativa do xogo ou xogos con que concorran. O
prazo para participar está aberto
até as 23:59 horas do 28 de febreiro de 2021.
Logo no
web de Somos Xogo colgaranse todos os xogos que concorran no concurso. Disporemos así dun
repositorio de xogos descargables e imprimibles en galego, para seren xogados por calquera persoa.
Máis información e
bases aquí.
2. ESCOLA DE XOGARA segunda acción consiste nunha campaña de dinamización social e escolar de difusión do patrimonio lúdico galego, cun catálogo de
dúas actividades para desenvolver nas escolas, asociacións e concellos interesados:
- Xoguetoloxía co que che caia nas mans (de 4 a 8 anos)
- Xoguetoloxía sen nada nas mans (de 8 a 12 anos)
Máis información
aquí.
3. FEIRA XOGANTINAA terceira acción é a elaboración dun
repositorio e escaparate de entidades, iniciativas e recursos lúdicos galegos: asociacións e colectivos, artesanía, deseño de xogos, tendas, ludotecas itinerantes… e outras iniciativas e experiencias relacionados co xogo e o patrimonio lúdico.
Coa feira, de momento virtual, Xandobela busca dar
mostra da diversidade, riqueza e heteroxeneidade das propostas existentes arredor do xogo e do patrimonio lúdico, polo que teñen cabida iniciativas e experiencias de asociacións e outros colectivos, artesanía, deseño de xogos, tendas... Pódese
participar na feira xogantina escribindo a
info@xandobela.info.
Máis información
aquí.
O proxecto
Somos Xogo está subvencionado pola
Deputación Provincial da Coruña a través da convocatoria de produción de proxectos singulares de especial interese cultural na provincia (ano 2020).