16-01-2021Axudas a proxectos para o fomento da lingua nos centros de ensino durante o curso 2020-2021
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou no
DOG do 15 de xaneiro as convocatorias de
axudas para proxectos de fomento do uso do galego neste curso escolar, dirixidas a
centros públicos e a
centros privados.
Prazo para pedir as axudas:
un mes.
No
DOG do 15 de xaneiro de 2021 publicáronse as convocatorias de axudas para proxectos de fomento do uso do galego nos centros de ensino correspondentes ao curso 2020-2021. Están dirixidas, por unha parte, a
centros de titularidade pública e a
centros privados.
DESTINATARIOSCentros de titularidade pública ou privada de Galicia que imparten ensino regrado de nivel non universitario.
DOTACIÓN ORZAMENTARIAO crédito para o fomento dos proxectos de fomento de uso do galego en centros públicos é de
350.000 euros e o correspondente aos centros privados é de
23.833 euros.
FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZOAs solicitudes presentaranse
obrigatoriamente por medios electrónicos a través da
sede electrónica da Xunta de Galicia (PL500A ou PL500B segundo o centro sexa, respectivamente, público ou privado).
O
prazo para presentar solicitudes é
dun mes desde o día seguinte á publicación dos extractos das convocatorias no DOG, é dicir,
até o 15 de febreiro.
Máis información:
-
Convocatoria para centros públicos, en .pdf e
extracto, tamén en .pdf (DOG do 15 de xaneiro de 2021)
-
Convocatoria para centros privados, en .pdf e
extracto, tamén en .pdf (DOG do 15 de xaneiro de 2021)
- Información no
Portal da Lingua Galega:
centros públicos e
centros privados