CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


175 votos
Votar | | | |


16-01-2021

Axudas a proxectos para o fomento da lingua nos centros de ensino durante o curso 2020-2021

Equipos de normalización e dinamización da lingua galega
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou no DOG do 15 de xaneiro as convocatorias de axudas para proxectos de fomento do uso do galego neste curso escolar, dirixidas a centros públicos e a centros privados. Prazo para pedir as axudas: un mes.


No DOG do 15 de xaneiro de 2021 publicáronse as convocatorias de axudas para proxectos de fomento do uso do galego nos centros de ensino correspondentes ao curso 2020-2021. Están dirixidas, por unha parte, a centros de titularidade pública e a centros privados.

DESTINATARIOS

Centros de titularidade pública ou privada de Galicia que imparten ensino regrado de nivel non universitario.

DOTACIÓN ORZAMENTARIA

O crédito para o fomento dos proxectos de fomento de uso do galego en centros públicos é de 350.000 euros e o correspondente aos centros privados é de 23.833 euros.

FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (PL500A ou PL500B segundo o centro sexa, respectivamente, público ou privado).

O prazo para presentar solicitudes é dun mes desde o día seguinte á publicación dos extractos das convocatorias no DOG, é dicir, até o 15 de febreiro.

Máis información:

- Convocatoria para centros públicos, en .pdf e extracto, tamén en .pdf (DOG do 15 de xaneiro de 2021)

- Convocatoria para centros privados, en .pdf e extracto, tamén en .pdf (DOG do 15 de xaneiro de 2021)

- Información no Portal da Lingua Galega: centros públicos e centros privados

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego