CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


365 votos
Votar | | | |


17-01-2021

A CTNL solicita ao Concello de Vilagarcía de Arousa a cobertura da praza de TNL

Concello de Vilagarcía de Arousa (fonte: Galipedia)
A CTNL dirixiuse ao Concello de Vilagarcía de Arousa para solicitarlle a cobertura da praza de técnico/a de normalización lingüística, vacante desde hai medio ano. O SNL do Concello de Vilagarcía de Arousa estivo en funcionamento desde 1990 até agosto de 2020.




O Concello de Vilagarcía de Arousa conta desde o ano 1990 cun servizo de normalización lingüística (SNL) estable dotado dun posto técnico que figura recollido como como persoal funcionario (grupo C1) coa denominación “encargado SNL” na última publicación da relación de postos de traballo asociada ao orzamento anual (BOP de Pontevedra do 16 de marzo de 2020).

A entidade tamén conta cun Regulamento do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vilagarcía de Arousa, onde se recollen desde 1999 as principais funcións deste departamento, entre as que están “levar a cabo proxectos que protexan o idioma galego e pular tanto pola súa normalización na Administración municipal coma no seu uso público” ou “coordinar as actividades e proxectos de normalización”. Entre estes proxectos de normalización lingüística podemos destacar accións no comercio, dirixidas á mocidade ou a recente participación no programa Apego, proxecto colaborativo para mellorar a socialización da infancia en lingua galega. Con todo, desde o verán pasado, por xubilación do técnico do departamento, o servizo de normalización lingüística deste concello está sen actividade.

A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA É COMPETENCIA MUNICIPAL

As entidades locais de Galicia teñen entre as súas competencias a normalización lingüística, é dicir, a promoción do uso e do prestixio da lingua galega en todos os ámbitos de influencia da entidade. Así o aclararon en 2018 a Dirección Xeral da Administración Local e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, coa redacción e difusión do Informe sobre a prestación do servizo de normalización lingüística pola Administración local en exercicio de competencia propia.

As ferramentas de traballo das administracións públicas para exerceren as súas funcións son os equipos técnicos especializados, tanto no departamento de urbanismo ou no de servizos sociais como no de lingua. É imprescindible un departamento técnico ou SNL estable, dotado de persoal e orzamento suficiente, para analizar a situación da lingua na entidade local, no municipio ou na comarca, asesorar a entidade en política lingüística e para planificar, xestionar, executar e avaliar accións e programas de normalización lingüística que interveñan nas áreas prioritarias onde o galego perde prestixio ou utilidade. En definitiva, os servizos de normalización lingüística son necesarios para que os concellos poidan exercer de forma eficaz as súas competencias en normalización lingüística.

Máis aló desta necesidade, o traballo de normalización da lingua, que procura transformacións sociais e o afianzamento da autoestima lingüística, necesita ser desenvolvido con continuidade para non perder eficacia. A paralización dun servizo deste tipo non supón unha simple interrupción temporal do traballo, senón un retroceso no labor cotián e na implantación do departamento técnico na institución. Mais este retroceso é facilmente evitable no caso de Vilagarcía de Arousa cunha próxima cobertura da praza de técnica/o de normalización lingüística.

PERFIL PROFESIONAL PARA TNL

Por outra parte, a necesidade de cobertura de novo da praza de técnica/o de normalización lingüística é unha oportunidade para perfilala profesionalmente dunha forma máis acorde coas funcións dos SNL. A ordes de axudas de subvencións para SNL que convocan a Xunta de Galicia (a última no DOG do 16 de xullo de 2020) e a Deputación Provincial de Pontevedra (a máis recente foi publicada no BOP de Pontevedra do 16 de xullo de 2020) inclúen a devandita relación de funcións e establecen como perfil profesional da persoa responsable do servizo o seu encadramento dentro do grupo I de cotización do réxime xeral da Seguridade Social (co requirimento de titulación correspondente).

Por este motivo, a CTNL solicitoulle ao Concello de Vilagarcía de Arousa que cubra o posto vacante de técnica/o de normalización lingüística, asignándolle un perfil profesional adecuado ás funcións que deben desenvolver os SNL, para continuar contando cun departamento especializado que planifique, xestione, execute e avalíe accións e programas de normalización da lingua.

Escrito dirixido ao Concello de Vilagarcía de Arousa, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30 31     
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego