CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


7806 votos
Votar | | | |


24-01-2021

Manual de procesos selectivos para técnicos/as de normalización lingüística

Manual de procesos selectivos para técnicos/as de normalización lingüística
A CTNL edita unha guía sobre o funcionamento dos procesos selectivos, pensada para as persoas aspirantes a postos de técnico/a de normalización lingüística. O Manual de procesos selectivos para técnicos/as de normalización lingüística foi elaborado por Andrea Garrido Juncal e Carla Casanueva Muruais, especialistas en Dereito Administrativo. Está dispoñible para a súa descarga gratuíta aquí.











O Manual de procesos selectivos para técnicos/as de normalización lingüística é unha guía para coñecer o funcionamento dos procesos selectivos: os requisitos, as bases, os prazos, os órganos de selección, as reclamacións… Desta forma, as persoas aspirantes a prazas de técnico/a de normalización lingüística (TNL) poderán ter máis seguranza ao enfrontárense á tramitación administrativa que supoñen as convocatorias de emprego nas administracións públicas.

No entanto, o documento tamén é útil para as administracións convocantes, pois compila a principal normativa aplicable aos procesos selectivos e estrutura as recomendacións que deben ou poden seguir as entidades públicas á hora de desenvolver convocatorias de emprego, especialmente de TNL.

AUTORAS

Para a elaboración deste manual, a CTNL contou con dúas especialistas en Dereito Administrativo, Andrea Garrido Juncal e Carla Casanueva Muruais, respectivamente licenciada e graduada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.

Andrea Garrido Juncal

Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (2009), doutorouse con mención internacional nesta mesma universidade coa presentación do traballo El concierto como forma de gestión indirecta de los servicios sociales, realizado baixo a dirección dos profesores José Luis Carro Fernández-Valmayor e Luis Míguez Macho. A cualificación alcanzada foi sobresaliente cum laude por unanimidade e o Consello de Goberno da USC resolveu concederlle o Premio Extraordinario de Doutorado na Área de Ciencias Sociais e Xurídicas.

Na actualidade é profesora contratada doutora de Dereito Administrativo na Universidade de Santiago de Compostela. As súas principais áreas de investigación son a prestación dos servizos públicos, a contratación do sector público ou a loita contra a corrupción, temas que ten analizado en comunicacións e relatorios en congresos nacionais e internacionais sobre o Dereito Público.

Carla Casanueva Muruais

Graduada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, conta cun mestrado universitario en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. Na actualidade é doutoranda en Dereito na Universidade de Vigo, co proxecto de tese titulado El régimen jurídico de las Smart Cities.

É asesora xurídica do Grupo ETRA (Electronic Traffic, S.A.), directora do Observatorio Internacional para la Regulación de las Entidades del Sector Público (OIRESP), ademais de colaboradora do Instituto de Derecho Local (IDL) da Universidade Autónoma de Madrid. Exerce como investigadora e colaboradora en diferentes grupos de investigación internacionais e publicacións en Portugal, Italia, Grecia e España, abordando temas relacionados coa contratación pública, as Smart Cities etc.

CONTIDO DO MANUAL

O Manual de procesos selectivos para técnicos/as de normalización lingüística busca ser un documento de referencia para resolver as dúbidas sobre os trámites administrativos relacionados cos procesos de selección. Estrutúrase en seis capítulos onde se analizan os seguintes aspectos:

- a convocatoria, as bases e os requisitos (capítulo 1),

- a presentación e admisión de solicitudes (capítulo 2),

- os órganos de selección e o seu funcionamento (capítulo 3),

- a descrición e resolución do proceso selectivo (capítulos 4 e 5) e

- as solicitudes, reclamacións e impugnacións (capítulo 6).

Así mesmo, inclúe como primeiro anexo unha proposta de bases xerais para a regulación básica dos procesos selectivos, documento que pode servir de referencia para as administracións públicas que aínda non estean dotadas desta normativa esencial.

MANUAL DE DESCARGA GRATUÍTA

O manual ten licenza Creative Commons e está dispoñible para a súa descarga gratuíta no web da CTNL.

Outros documentos de utilidade para técnicos de normalización lingüística e administracións tamén dispoñibles de balde no Andel da CTNL son:

- Revisar a corrección. Obxectivos e métodos para unha reparación textual eficiente nos SNL de Manuel Bermúdez Blanco,

- Traballarmos en dinamización lingüística. Unha introdución de Isabel Vaquero Quintela,

- Recomendacións e mínimos que deben cumprir as convocatorias de postos de traballo para SNL (2006).

Para a edición en .pdf deste manual, a CTNL contou coa axuda económica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O deseño e a maquetación texto son responsabilidade de Fabaloba, Soc. Coop. Galega.

Manual de procesos selectivos para técnicos/as de normalización lingüística (en .pdf, 3,18 Mb)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego