CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


47 votos
Votar | | | |


02-02-2021

Ordenanza reguladora do impulso do uso do galego no concello de Poio

Ordenanza de NL Concello de Poio
O Concello de Poio aproba a súa Ordenanza reguladora do impulso do uso do galego. O texto definitivo publicouse no BOP de Pontevedra do 1 de febreiro de 2021.





O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 1 de febreiro de 2021 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza reguladora do impulso do uso do galego no concello de Poio.

Este texto normativo do Concello de Poio declara o galego como idioma oficial do Concello, por ser lingua propia e oficial de Galiza. Por tanto, establécese que "O Concello de Poio empregará o galego en todas as súas accións, nas súas actuacións administrativas internas, na comunicación social, e nas relacións coas cidadás, cos cidadáns e con todas as entidades públicas situadas en Galicia e con aqueloutras que admitan o galego para as actuacións administrativas.".

Ao longo dos seus 24 artigos distribuídos en 15 capítulos, regúlase o uso oficial do idioma galego; o ámbito de aplicación; a atención ao público; o emprego da lingua nas resolucións e documentación administrativa; nas publicacións, accións informativas, formativas e actividades públicas; na compra de bens e materiais e no encargo e contratación de servizos; na sinalizacións e rotulación; nas relacións con outras administracións; nas relacións coas empresas privadas; polo persoal ao servizo da Administración; e na toponimia, nomes de rúas, emprazamentos e edificios.

Tamén se establece a responsabilidade do concello no impulso institucional do idioma e o labor de mellora da calidade lingüística e da linguaxe democrática inclusiva.

O SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O texto da ordenanza recolle no seu artigo 23 que o Concello de Poio contará servizo de normalización lingüístico "estable dotado con medios materiais e humanos suficientes co obxecto de impulsar a normalización do idioma galego a todos os niveis e ámbitos sociais, e de coordinar as accións necesarias para darlle cumprimento a esta ordenanza". Así mesmo, enumera as súas tarefas nas áreas de dinamización sociolingüística, formación sociolingüística, asesoramento lingüístico e funcións xerais.

Ordenanza reguladora do impulso do uso do galego no concello de Poio, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021

Avisos

    mes anterior
    Febreiro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego