CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


3674 votos
Votar | | | |


10-02-2021

Proxecto Trasno bota a andar Common Voice en galego. Anímaste a participar?

Common Voice en galego
Os/As voluntarios/as de Proxecto Trasno fan un chamamento para participar no proxecto Common Voice en galego, cuxa finalidade é garantir a presenza da lingua galega en servizos/produtos baseados na intelixencia artificial. Se estás interesado/a, podes colaborar elaborando frases curtas, validándoas, gravándoas ou revisando as gravacións.





Doa a túa voz a Common Voice, o proxecto da Fundación Mozilla!

Con esta chamada, Proxecto Trasno convídanos a colaborar para garantirmos a presenza da lingua galega en servizos/produtos baseados na intelixencia artificial, a través dunha tecnoloxía Open Source.

Os/As voluntarios/as de Proxecto Trasno levan moitos anos colaborando coa Fundación Mozilla, e froito dese traballo temos dispoñible,entre outros produtos, o navegador de Internet Firefox en lingua galega, sempre ao día coa última tecnoloxía da Web.

Nos vindeiros anos, os servizos, produtos e estudos baseados na intelixencia artificial (IA) estarán por todas partes: un asistente de voz, un lector de textos para persoas con necesidades especiais, asistente de condución en automóbil, un mordomo doméstico, un acompañante robótico para a vellez… son algúns exemplos de produtos baseados na IA. E para podermos interactuar en galego con eles cómpre termos ferramentas que podemos axudar a crear entre todos/as.


DE QUE FERRAMENTA FALAMOS?

A Fundación Mozilla creou o proxecto Common Voice, unha iniciativa para crear unha tecnoloxía Open Source co fin de que as máquinas que usaremos no futuro poidan entender e falar calquera idioma do mundo. Para que o galego estea presente, Proxecto Trasno lanza Common Voice en galego e convídannos a participar nel!


COMO PODEMOS AXUDAR PARA QUE AS MÁQUINAS FALEN E ENTENDAN GALEGO?

O proxecto consiste en recadar un número importante de frases curtas de uso cotián para que logo falantes nativos galegos graven as súas voces interpretando esas frases recadadas. Todas as gravacións serán analizadas por este modelo e farán «maxicamente» que as máquinas entendan o noso idioma.

O proxecto desenvolverase en varias fases e podemos participar en todas:

Primeira fase: redactar frases curtas, de todo tipo e rexistro, e envialas

As características básicas das frases son:

1. Deben estar escritas correctamente. Non se recollerán na escrita variantes dialectais coma a gheada ou o seseo, pero si se procurará incluír tamén estes trazos nas gravacións posteriores.

2. Deben ser gramaticalmente correctas.

3. Deben ser pronunciables e tan naturais como sexa posible.

4. Cada frase non debe superar as 14 palabras.

5. Non deben incluír cifras, siglas ou acrónimos, pero si poden figurar estes elementos en letra ou desenvolvidos.

É importante que as frases se poidan doar con licenza de dominio público, a máis libre de todas as posibles. É dicir, non se poden extraer nin de libros nin de sitios web a non ser que teñamos permiso dos autores ou propietarios para doalas ao dominio público. Daquela, o máis recomendable é creármolas nós espontaneamente.

As frases pódense enviar por correo a proxecto@trasno.gal co asunto [CV] Frases para Common Voice, ou darse de alta no sistema e subilas directamente.

Segunda fase: validación das frases enviadas

Tamén podemos axudar validando as frases enviadas, é dicir, comprobando a corrección lingüística e que se cumpren as características requiridas.

Terceira fase: gravación das frases

Logo podemos participar doando a nosa voz a Common Voice, co noso estilo, acento, trazos dialectais, entoación...

Cuarta fase: revisión das gravacións

Por último, haberá que revisar as gravacións para comprobar que se entenden ben e que din exactamente o mesmo que o texto correspondente.


O proxecto está agora na primeira fase, a de recollida de frases, pero, se colaboramos moitas persoas, axiña chegarán as outras.


A QUE É FÁCIL?, ANÍMASTE ENTÓN?

Se te animas a colaborar, podes pórte en contacto con Proxecto Trasno a través do correo electrónico proxecto@trasno.gal.

Tamén tes máis información no seu web.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30 31     
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego