CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


302 votos
Xa votaches!


23-02-2021

Convocatoria de axudas da Deputación de Pontevedra para a creación, o mantemento ou o reforzo de SNL nas entidades locais da provincia

Deputación Provincial de Pontevedra
No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra de hoxe publicáronse as Bases de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL dirixidas aos concellos e outras entidades locais da provincia de Pontevedra para o ano 2021. No mesmo BOP publicouse o extracto correspondente a esta convocatoria, que marca a data límite para presentar as solicitudes: até o 12 de marzo.


A Deputación Provincial de Pontevedra convoca no BOP de hoxe, 23 de febreiro, o programa anual de axudas para a creación, o mantemento e o reforzo de servizos de normalización lingüística nas entidades locais.

MODALIDADES DE AXUDAS

A convocatoria establece tres modalidades de axudas:

- creación de novos servizos de normalización lingüística

- mantemento de servizos de normalización lingüística xa existentes

- reforzo de servizos de normalización lingüística xa existentes.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

- Para a creación de SNL: concellos da provincia de Pontevedra de entre 5.000 e 50.000 habitantes ou ben as agrupacións de concellos, mancomunidades ou entidades locais menores da provincia que, en conxunto, cheguen a 5.000 habitantes.

- Para o mantemento de SNL: concellos da provincia de Pontevedra que no momento da publicación desta convocatoria teñan creado e en funcionamento un SNL.

- Para o reforzo de SNL: concellos que conten con SNL e queiran melloralo contratando persoal a maiores ou incrementando a xornada existente.

PERFIL TÉCNICO E FUNCIÓNS DOS SNL

A Deputación Provincial de Pontevedra detalla na convocatoria os requisitos de titulación dos técnicos/as de normalización lingüística e publica unha relación pormenorizada das funcións que debe desenvolver un servizo de normalización lingüística (base segunda da convocatoria).

ORZAMENTO E CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS

O orzamento total das axudas será de 200.000 euros.

Cando o beneficiario sexa un concello ou entidade local a Deputación contribuirá, no exercicio 2021, cun importe máximo de 20.000 euros para contratación do persoal técnico a xornada completa. Se o contrato é de media xornada, o importe máximo será de 10.000 euros e, se a xornada é inferior, o importe reducirase proporcionalmente.

No caso de que a axuda se solicite para a creación, mantemento ou reforzo do SNL dunha agrupación de concellos o importe máximo da axuda será de 25.000 euros por xornada completa e 12.500 euros por media xornada. Noutros tipos de xornada, sen que poida nunca ser inferior á media xornada, o importe reducirase proporcionalmente.

Se o orzamento total de 200.000 euros non for suficiente debido a un número elevado de solicitudes, o órgano concedente prorrateará entre as entidades beneficiarias da subvención o importe global máximo destinado ás subvencións.

PRAZO E MODALIDADE DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria, é dicir, o 24 de febreiro e finaliza o 12 de marzo de 2021.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra.

PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS

De acordo coas bases e co extracto da convocatoria, o prazo de xustificación das axudas remata o 28 de febreiro de 2022.

Bases en .pdf. (BOP do 23 de febreiro de 2021)

Extracto en .pdf. (BOP do 23 de febreiro de 2021)


RECOMENDACIÓNS DA CTNL PARA A MELLORA DAS AXUDAS

Precisamente esta semana a CTNL dirixiuse á deputada de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos para facerlle chegar unha análise das axudas do ano 2020 (tanto as destinadas a servizos de normalización lingüística como as dirixidas a actividades) e recomendacións de mellora para as axudas que se convoquen no futuro. Algunhas das recomendacións son:

- Publicación das convocatorias o máis axiña posible no ano en curso.

- Que nas axudas para actividades se subvencionen programas de normalización lingüística e non accións dispersas.

- É recomendable valorar no baremo das axudas a actividades a transversalidade dos programas, a súa duración, o número de actividades e mesmo se as entidades contan con SNL ou van crealo.

- Os ámbitos de traballo prioritarios deben ser a infancia e a mocidade, a economía, o comercio, as novas tecnoloxías, o lecer, o deporte…, en lugar de certames literarios, homenaxes, Día das Letras Galegas ou manifestacións culturais en galego.

En opinión da CTNL, o obxectivo dos dous tipos de axudas da Deputación Provincial de Pontevedra debe ser favorecer que o labor de promoción da lingua sexa continuado a través de estruturas técnicas de normalización lingüística nos concellos da provincia.

Na actualidade, só oito concellos da provincia teñen servizo de normalización lingüística e hai cinco comarcas sen servizo ningún. Até 17 concellos de máis de 10.000 habitantes cadrecen de departamento técnico de normalización lingüística. Estas carencias dificultan a creación dunha rede que permita traballar colaborativamente no ámbito provincial con moita máis eficiencia.

Informe dirixido á Deputación Provincial de Pontevedra, en pdf.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego