08-03-2021A Deputación de Pontevedra convoca axudas para actividades de dinamización da lingua en 2021

As convocatorias e os seus correspondentes extractos están publicadas nos BOP
do 5 de marzo e
do 8 de marzo de 2021.
AXUDAS PARA ENTIDADES SEN FINS DE LUCROObxectoActividades que se realicen
entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021 das seguintes características:
- Fomento da creación e difusión cultural en lingua galega: certames literarios e xornalísticos, creación audiovisual e literaria, feiras e eventos que promovan a creación en lingua galega
- Sociolingüística e toponimia: estudos e publicacións sobre sociolingüística, xornadas e publicacións de recuperación da toponimia
- Fomento do emprego do galego no comercio e na industria: xornadas, campañas e publicacións para a dinamización comercial en lingua galega
- Recoñecementos e distincións: actividades, accións e publicacións relacionadas coa conmemoración do Día das Letras Galegas ou que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que aposten polo galego
- Obradoiros orientados a reforzar o traballo a prol do uso da lingua entre a veciñanza
- Producións de materiais en galego (documentación permanente, creativa ou publicitaria; revistas en papel e en formato electrónico, vocabularios, manuais; recursos para o lecer e xogos en galego, páxinas web; e outros) que teñan como fin introducir ou estender o uso da lingua nalgún eido.
DestinatariasEntidades sen fins de lucro que desenvolvan as súas actividades na provincia ou, excepcionalmente, fóra deste ámbito cando versen sobre temas de interese para a provincia
Orzamento120.000 euros
SolicitudesPresentaranse obrigatoriamente
por vía electrónica a través da
Sede Electrónica da Deputación de PontevedraPrazos- Para
solicitar as axudas: até o
15 de abril de 2021- Para
xustificar as axudas: até o
31 de marzo de 2022Valoración das candidaturasComo novidade na convocatoria deste ano, na base novena recóllense os
criterios de valoración das candidaturas, entre as que están a difusión, o orzamento ou a consolidación das actividades ou programas.
Bases da convocatoria, en .pdf (BOP do 5 de marzo de 2021)
Extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 5 de marzo de 2021)
AXUDAS PARA CONCELLOSObxectoActividades ou programas que se realicen
entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021 das seguintes características:
- Fomento da creación e difusión cultural en lingua galega: certames literarios e xornalísticos, creación audiovisual e literaria, feiras e eventos que promovan a creación en lingua galega
- Sociolingüística e toponimia: estudos e publicacións sobre sociolingüística, xornadas e publicacións de recuperación da toponimia
- Fomento do emprego do galego no comercio e na industria: xornadas, campañas e publicacións para a dinamización comercial en lingua galega
- Recoñecementos e distincións: actividades, accións e publicacións relacionadas coa conmemoración do Día das Letras Galegas ou que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que aposten polo galego
- Calquera outra actividade ou programa de actividades cuxo obxectivo sexa fomentar o uso do idioma galego entre a poboación, nomeadamente entre a infancia e a mocidade
- Fomento do emprego do idioma galego: actividades para a captación de neofalantes, actividades de dinamización e normalización da lingua galega.
DestinatariosConcellos da provincia de menos de 50.000 habitantes
Orzamento100.000 euros
SolicitudesPresentaranse obrigatoriamente
por vía electrónica a través da
Sede Electrónica da Deputación de PontevedraPrazos- Para
solicitar as axudas: até o
15 de abril de 2021- Para
xustificar as axudas: até o
30 de marzo de 2022Valoración das candidaturasComo novidade na convocatoria deste ano, na base novena recóllense os
criterios de valoración das candidaturas, entre as que están
dispoñer dun servizo de normalización lingüística.
Os concellos da provincia de Pontevedra poden dotarse de servizo de normalización lingüística beneficiándose doutra
convocatoria de axudas da propia Deputación. O
prazo para solicitar estas axudas para a creación, o mantemento ou o reforzo de SNL
finaliza o 12 de marzo.
Bases da convocatoria, en .pdf (BOP do 8 de marzo de 2021)
Extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 5 de marzo de 2021)
ADDENDAResolución das convocatorias, en .pdf (BOP do 11 de agosto de 2021; inclúe tamén a resolución das
axudas para a creación, mantemento e reforzo de SNL nas entidades locais)