08-03-2021Modificados os Estatutos e aprobadas as liñas de acción da CTNL para 2021
O pasado 6 de marzo tiveron lugar en liña dúas asembleas da CTNL: unha extraordinaria para realizar unha modificación de trámite dos Estatutos e a ordinaria anual co fin de dar conta do traballo realizado en 2020 e marcar as liñas de traballo de 2021.
O sábado pasado tiveron lugar dúas asembleas xerais da CTNL. A primeira foi unha
asemblea extraordinaria, na cal se aprobou o
cambio de domicilio social nos Estatutos. A segunda foi a habitual
Asemblea Xeral ordinaria da CTNL, a cita anual para dar conta do traballo realizado durante o ano pasado e para aprobar o que se procurará levar a cabo durante o actual.
Ambas as asembleas tiveron que realizarse en liña debido ás restricións por mor da situación de pandemia que atravesamos.
Liñas de acción para 2021Na asemblea ordinaria avaliouse o traballo desenvolvido durante o último ano, un ano en que foi necesario adaptar algunhas actividades á situación sanitaria: por exemplo realizouse un LGx15 só nas redes e organizouse por primeira vez un curso completamente en liña.
A
programación para o ano 2021 incluirá actividades coma o
LGx15, a finalización da segunda edición dos
Premios Mil Primaveras e a convocatoria da terceira,
Agasallo.eu, accións formativas, seguimento da política lingüística das institucións, difusión de accións para a mellora do uso e prestixio da lingua e algunha actividade especial para conmemorar os 25 anos da CTNL.
Liñas de acción para 2021, en .pdf