19-04-2021Bases e convocatoria para unha bolsa de emprego de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Arzúa
O
Concello de Arzúa publicou no BOP de hoxe a convocatoria e as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego oara
técnico/a de normalización lingüística. A selección farase mediante
oposición e o
prazo para presentar solicitudes será de
10 días naturais desde o seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOP.
O
Concello de Arzúa convoca un proceso selectivo para crear unha bolsa de emprego para o nomeamento de funcionarios/as interinos/as do grupo A1 como
técnicos/as de normalización lingüística.
FUNCIÓNS DA PRAZASerán as propias dun/dunha técnico/a de normalización lingüística de acordo coas
bases da convocatoria de axudas da Deputación Provincial da Coruña. Daquela, divídense en funcións xerais internas, de dinamización lingüística, de formación, de asesoramento interno e de coordinación con outras administracións.
REQUISITOS DE TITULACIÓN- licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués)
- grao en Lingua e Literatura Galegas,
- outras titulacións de grao ou licenciatura sempre que se estea en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5)
SISTEMA DE SELECCIÓN Aínda que na convocatoria publicada inicialmente se menciona un concurso-oposición, no BOP do 27 de abril publicouse unha
corrección de erros das bases, onde se aclara que o proceso selectivo é unha
oposición libre, que consistirá en dúas probas:
a)
Proba teórica: consistirá en responder un cuestionario sobre o temario anexo; a proba terá 20 preguntas con catro respostas alternativas e deberá realizarse nun tempo máximo de 30 minutos. A cualificación máxima deste proba é de 20 puntos.
b)
Proba práctica: consistirá en realizar un suposto práctico relacionado coas materias específicas do temario, con texto para traducir (
sic) e preguntas prácticas. A cualificación máxima deste proba é de 30 puntos.
PRAZOSerá de
10 días naturais desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOP. En consecuencia,
o prazo está aberto até o 29 de abril.
DURACIÓN DA BOLSA DE EMPREGOA bolsa de emprego terá unha validez de
tres anos prorrogables por doce meses máis.
Bases completas, convocatoria, temario e modelo de solicitude, en .pdf (BOP do 19 de abril de 2021)
Corrección de erros, en .pdf (BOP do 27 de abril de 2021)