CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


133 votos
Votar | | | |


19-04-2021

Bases e convocatoria para unha bolsa de emprego de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Arzúa

Concello de Arzúa
O Concello de Arzúa publicou no BOP de hoxe a convocatoria e as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego oara técnico/a de normalización lingüística. A selección farase mediante oposición e o prazo para presentar solicitudes será de 10 días naturais desde o seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOP.


O Concello de Arzúa convoca un proceso selectivo para crear unha bolsa de emprego para o nomeamento de funcionarios/as interinos/as do grupo A1 como técnicos/as de normalización lingüística.

FUNCIÓNS DA PRAZA

Serán as propias dun/dunha técnico/a de normalización lingüística de acordo coas bases da convocatoria de axudas da Deputación Provincial da Coruña. Daquela, divídense en funcións xerais internas, de dinamización lingüística, de formación, de asesoramento interno e de coordinación con outras administracións.

REQUISITOS DE TITULACIÓN

- licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués)
- grao en Lingua e Literatura Galegas,
- outras titulacións de grao ou licenciatura sempre que se estea en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5)

SISTEMA DE SELECCIÓN

Aínda que na convocatoria publicada inicialmente se menciona un concurso-oposición, no BOP do 27 de abril publicouse unha corrección de erros das bases, onde se aclara que o proceso selectivo é unha oposición libre, que consistirá en dúas probas:

a) Proba teórica: consistirá en responder un cuestionario sobre o temario anexo; a proba terá 20 preguntas con catro respostas alternativas e deberá realizarse nun tempo máximo de 30 minutos. A cualificación máxima deste proba é de 20 puntos.

b) Proba práctica: consistirá en realizar un suposto práctico relacionado coas materias específicas do temario, con texto para traducir (sic) e preguntas prácticas. A cualificación máxima deste proba é de 30 puntos.

PRAZO

Será de 10 días naturais desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOP. En consecuencia, o prazo está aberto até o 29 de abril.

DURACIÓN DA BOLSA DE EMPREGO

A bolsa de emprego terá unha validez de tres anos prorrogables por doce meses máis.

Bases completas, convocatoria, temario e modelo de solicitude, en .pdf (BOP do 19 de abril de 2021)

Corrección de erros, en .pdf (BOP do 27 de abril de 2021)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego