CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


893 votos
Votar | | | |


22-06-2021

Ordenanza municipal reguladora do uso da lingua galega no Concello da Coruña

Ordenanza municipal reguladora do uso da lingua galega no Concello da Coruña
O Concello da Coruña publicou no BOP de hoxe a súa Ordenanza municipal reguladora do uso da lingua galega no Concello da Coruña. Este texto aprobouse definitivamente no Pleno da Corporación do pasado 3 de xuño.






O Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 4 de marzo de 2021 publicou o texto inicial da Ordenanza municipal reguladora do uso da lingua galega no Concello da Coruña, aprobada no pleno do 4 de febreiro. Logo da fase de información pública e de resolver as alegacións presentadas, no Pleno do 3 de xuño aprobouse definitivamente o texto definitivo, que se publica no BOP de hoxe.

Este texto normativo do Concello da Coruña declara o galego como idioma oficial do Concello, por ser lingua propia e oficial de Galicia. Por tanto, establécese que "O Concello da Coruña empregará e promoverá o galego en todas as súas accións, nas súas actuacións administrativas, na documentación, na comunicación social e nas relacións coa cidadanía e con todas as entidades situadas en Galicia, así como con aquelas que admitan o galego para as actuacións administrativas".

Ao longo dos seus 15 capítulos, 30 artigos, dúas disposicións adicionais e dúas disposicións derradeiras, regúlase o uso oficial do idioma galego; o ámbito de aplicación; a atención ao público; no emprego da lingua na documentación e actuación administrativa; nas publicacións, accións informativas, formativas e actividades públicas; na compra de bens e materiais, no encargo e contratación de servizos e nas relacións coas empresas privadas; na sinalizacións e rotulación; nas relacións con outras administracións; polo persoal ao servizo da Administración; e na toponimia, nomes de rúas, edificios e outras localizacións. Tamén se establece a responsabilidade do concello no impulso institucional do idioma e o labor de mellora da calidade lingüística e da linguaxe democrática inclusiva.

O SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O texto da ordenanza recolle no seu artigo 22 que o Concello da Coruña contará cun servizo de normalización lingüística "estable cun espazo propio e dotado con recursos económicos, materiais e humanos suficientes, co obxecto de impulsar a normalización da lingua, procurar o incremento do uso e prestixio do idioma galego no ámbito municipal e coordinar as accións necesarias para que se cumpra esta ordenanza".

No mesmo artigo detállanse as funcións deste departamento, que se clasifican en catro áreas: funcións xerais, funcións de dinamización sociolingüística, funcións de formación sociolingüística e funcións de asesoramento lingüístico.


O PLAN DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Nos artigos 23 a 29 establécese que o Concello aprobará un Plan de normalización lingüística (PLN), documento en que se plasmará periodicamente o desenvolvemento e a concreción da política municipal sobre a promoción da lingua galega. O PNL, que terá unha vixencia mínima de cinco anos, conterá programas de actuación específicos que sinalarán as accións concretas, os recursos dispoñibles, a quen van dirixidas esas accións, obxectivos específicos e indicadores para valorar o grao en que se cumpren.

A ordenanza do Concello da Coruña entrará en vigor aos 15 días da súa publicación no BOP.

Ordenanza municipal reguladora do uso da lingua galega no Concello da Coruña, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego