CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


4463 votos
Votar | | | |


28-06-2021

Bases específicas dunha praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Narón

Casa do Concello de Narón
O Concello de Narón, tras o anuncio da oferta pública de emprego de 2020 e a publicación das bases xerais para a cobertura definitiva de varias prazas, publica hoxe no BOP as bases específicas para a cobertura definitiva dunha praza de técnico/a de normalización lingüística.


O Concello de Narón publica no Boletín Oficial da Provincia da Coruña de hoxe as bases específicas para a provisión definitiva dunha praza de técnico/a de normalización lingüística, incluída na oferta de emprego público do ano 2020. O pasado 25 de xuño publicáranse no mesmo medio as bases xerais, que regulan entre outras cousas os requisitos xerais, a forma de presentación de instancias e o prazo.

REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES

Alén dos establecidos nas bases xerais (idade, non padecer enfermidade que impida o desenvolvemento das tarefas do posto, etc.), os requisitos de titulación son: licenciatura en Filoloxía Galego-portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-portugués), grao en Lingua Galega ou equivalente.

PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

O sistema de selección será o concurso-oposición libre.

PROBAS DA FASE DE OPOSICIÓN

A totalidade desta fase terá unha cualificación máxima global de 20 puntos, e consistirá na realización dos seguintes exercicios:

- Exame teórico, de carácter eliminatorio e obrigatorio, que consistirá en desenvolver por escrito durante dúas horas dous temas, un do temario xeral e outro do específico.

- Exame práctico, de carácter eliminatorio e obrigatorio, que consistirá en desenvolver por escrito durante dúas horas un ou varios supostos prácticos.

- Proba de lingua galega, que se cualificará como apto ou non apto, e da cal estarán exentos as persoas candidatas que posúan o Celga 4.

O temario, de 25 temas na parte xeral e 65 na parte específica, figura como anexo das bases específicas.

FASE DE CONCURSO

A puntuación máxima posible desta fase é de 13 puntos. Valoraranse os seguintes méritos:

- Experiencia profesional en postos de técnico/a de normalización lingüística en calquera administración pública (0,5 puntos por ano, ata un máximo de 8).

- Formación relacionada co posto de traballo, ata 5 puntos.

PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS

De acordo coas bases xerais, as solicitudes presentaranse no modelo que proporciona o Concello de Narón a través da súa sede electrónica ou do rexistro. Irán acompañadas de copia do DNI, copia da titulación esixida, xustificante de pagamento do dereito de exame e fotocopia dos documentos acreditativos dos méritos alegados. Non será necesaria a compulsa dos documentos que se presenten fotocopiados, bastando a declaración responsable da persoa interesada sobre a súa autenticidade, así como dos datos que figuran na instancia, sen prexuízo de que, en calquera momento, o tribunal cualificador ou os órganos competentes do Concello de Narón poidan requirir os/as aspirantes para que acrediten a veracidade das circunstancias e documentos presentados.

A solicitude presentarase a través de calquera das seguintes vías: Rexistro do Concello, Sede Electrónica do Concello de Narón ou calquera das establecidas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

DEREITOS DE EXAME

O dereitos de exame establécense en 17,21 €.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Será de 20 días naturais, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE). Este anunciou publicouse o 1 de novembro de 2021, polo que o prazo de presentación de solicitudes vai do 2 ao 22 de novembro (por ser domingo o último día do prazo).

Información completa:

- Oferta pública de emprego, en .pdf (BOP do 20 de marzo de 2020)

- Bases xerais, en .pdf (BOP do 25 de xuño de 2021)

- Bases específicas, en .pdf (BOP do 28 de xuño de 2021)

- Corrección de erros ás bases específicas, en .pdf (BOP do 22 de xullo de 2021)

- Anuncio da convocatoria no DOG, en .pdf (DOG do 15 de outubro de 2021)

- Anuncio da convocatoria no BOE (BOE do 1 de novembro de 2021)

Información na sede electrónica do Concello de Narón.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego