CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


942 votos
Votar | | | |


30-06-2021

Convocatoria de dúas prazas da escala técnica de publicacións no Parlamento de Galicia

Parlamento de Galicia
O Parlamento de Galicia anuncia no DOG de hoxe a convocatoria de dúas prazas da escala técnica de publicacións do corpo superior, dirixidas a titulados/as en Filoloxía ou Tradución. O prazo para presentar solicitudes é de 20 días hábiles.


O Parlamento de Galicia anunciou no DOG do 30 de xuño a convocatoria de dúas prazas da escala técnica de publicacións do corpo superior, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2021, mediante acceso libre.

REQUISITOS DE TITULACIÓN DAS PERSOAS ASPIRANTES

Estar en posesión ou en condicións de obter o título de licenciado/a ou grao en Filoloxía ou o título de licenciado/a ou grao en Tradución na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

PROCESO DE SELECCIÓN

O sistema de selección será o de oposición. Os 80 temas que rexerán as probas selectivas figuran como anexo I da convocatoria.

As probas da oposición consistirán na realización de tres exercicios obrigatorios e eliminatorios:

1) O primeiro exercicio (cunha valoración máxima de 20 puntos) constará de dúas partes:

1.1. Proba escrita na cal se contestará un cuestionario de dez preguntas breves sobre os temas correspondentes ao bloque A do temario (lingua), con espazo de papel taxado para cada resposta. O tempo máximo para realizar esta proba será de dúas horas.

1.2. Cuestionario de cincuenta preguntas tipo test e cinco de reserva , referidas aos temas correspondentes ao bloque B do temario (dereito). O tempo máximo para realizar esta parte do exercicio será dunha hora.

2) O segundo exercicio (valoración máxima de 20 puntos) consistirá en desenvolver por escrito dous temas, que se elixirán entre catro, obtidos mediante sorteo polo tribunal de entre os que forman o contido da parte do programa que figura como bloque A (lingua), do seguinte xeito:

2.1. Un tema que se escollerá entre dous obtidos por sorteo dos correspondentes ao bloque A.1. Lingua xeral.

2.2. Un tema que se escollerá entre dous obtidos por sorteo dos correspondentes ao bloque A.2. Linguaxe xurídico-administrativa e parlamentaria.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de tres horas.

3) O terceiro exercicio (valoración máxima de 40 puntos) constará de dúas partes:

3.1. Revisión técnico-lingüística dun proxecto de lei redactado en galego, proposto polo tribunal, e na súa posterior tradución para o castelán, mediante a utilización da aplicación de tradución automática que se porá ao dispor das persoas aspirantes. O tempo máximo para a realización desta parte é de cinco horas. Para realizala, en formato electrónico, as persoas aspirantes poderán consultar as obras de carácter técnico e lexicográfico dispoñibles en rede.

3.2. Verificación e establecemento definitivo do texto dunha transcrición dun discurso oral proposto polo tribunal. O exercicio realizarase en formato electrónico, de forma que as persoas aspirantes terán acceso ao audio-vídeo dunha intervención parlamentaria ou de varios fragmentos de varias intervencións parlamentarias e ao texto en formato editable, sobre o cal deberán facer todas as modificacións que coiden necesarias para establecer o texto definitivo. O tempo máximo para realizar esta parte do exercicio será de tres horas.

SOLICITUDES E PRAZO

As solicitude deberán presentarse no modelo que figura no anexo II das bases, que tamén estará dispoñible no web do Parlamento de Galicia.

As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica do Parlamento de Galicia, no Rexistro Xeral do Parlamento de Galicia (rúa do Hórreo, núm. 63, 15701, Santiago de Compostela), ou na forma establecida no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación será de vinte días naturais (20), que se contarán a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Daquela, o prazo finaliza o 20 de xullo.

DEREITOS DE EXAME

O importe dos dereitos de exame será de 43,30 €, que se aboarán mediante transferencia bancaria na conta corrente ES 50 2080 0388 21 3110000502 en Abanca, na cal se indicará: «Taxas selección CSETP» e o nome e apelidos e DNI da persoa aspirante.

LISTAXE DE AGARDA PARA SUBSTITUCIÓNS

As persoas que non superasen o proceso selectivo pasarán a formar parte dunha lista de espera que se constituirá no Parlamento de Galicia para cubrir as necesidades eventuais de persoal que puideren xurdir, en condición de persoal funcionario interino vinculado ao mantemento das circunstancias polas cales son nomeadas.

Para formar parte desta listaxe é requisito superar, cando menos, os dous primeiros exercicios. A orde das persoas aspirantes establecerase de acordo coa puntuación total obtida nos exercicios superados no proceso selectivo.


Bases e convocatoria completa, en .pdf
(DOG do 30 de xuño de 2021)


Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021

Avisos

    mes anterior
    Decembro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • Gústame... o galego
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Axenda da lingua
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego