CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


355 votos
Votar | | | |


26-07-2021

Ferramentas da educación social ao servizo da normalización lingüística, novo curso da CTNL

Ferramentas da educación social ao servizo da normalización lingüística
A CTNL organiza un curso titulado Ferramentas da educación social ao servizo da normalización lingüística. Impartirao Ana González Quinteiro, educadora social no Concello de Pontevedra con ampla experiencia en actividades docentes deste tipo. O curso será presencial en Santiago de Compostela os días 27 de setembro e 4 de outubro.


POR QUE ESTE CURSO?

A finalidade desta actividade formativa é coñecermos as bases teóricas e as metodoloxías de intervención vinculadas á educación social para empregalas no proceso de normalización lingüística e no labor cotián de traballo a prol da lingua.

OBXECTIVOS DO CURSO

- Adquirir unha visión panorámica e resumida das teorías en que se basea a intervención desde o ámbito da educación social, de maneira que sexan útiles para o traballo técnico de normalización da lingua.
- Fornecer unha bibliografía básica recomendable.
- Abordar de xeito teórico e práctico contidos de comunicación, habilidades sociais, liderado, manexo de grupos e resolución de conflitos.
- Expoñer de xeito práctico diferentes modelos de intervención e o seu posible rendemento para o traballo dos servizos de normalización da lingua.
- Practicar, arredor de supostos concretos, as diferentes técnicas e habilidades que, desde a educación social, resultan útiles para a intervención sociolingüística.
- Analizar algunhas intervencións realizadas para extraer conclusións a respecto das boas prácticas que mellorarían a súa eficacia.

CONTIDOS

Módulo 1. Comunicación (dúas horas)
1. Vocabulario básico
2. Introdución
3. Conceptos fundamentais
3.1. O proceso da comunicación
3.2. Elementos
3.3. A subxectividade
3.4. Tipos de comunicación
3.4.1. Comunicación verbal
3.4.2. Comunicación non verbal
3.5. Obstáculos
3.6. Facilitadores
4. Escoita activa
5. Comunicación hábil

Módulo 2. Manexo de grupos (dúas horas)
1. Vocabulario
2. Observación
3. Que é grupo?
4. Tipos de grupo
5. As fases do proceso grupal

Módulo 3. Habilidades sociais (catro horas)
1. Dimensións presentes nas habilidades sociais e modelos teóricos
2. Que é o feed-back?
3. Diferentes habilidades sociais
3.1. Escoita
3.2. Asertividade
3.3. Empatía
4. Toma de decisións
5. Autocontrol emocional
6. Exercicio de autoridade
7. Autoestima

Módulo 4. Liderado (catro horas)
1. Quen é líder?
2. Que fai o líder?
3. O líder e o seu equipo
4. Efectos do liderado sobre a produtividade
5. O grupo do líder fronte a outros grupos
6. Son tan importantes as relacións humanas e grupais?
7. Valores e actitudes do líder
8. Tipos de líderes
9. Perfil dun grupo maduro

Módulo 5: Resolución de conflitos (catro horas)
1. Introdución
2. Que é un conflito e as súas características
3. Tipos e síntomas dos conflitos
4. Como afrontar positivamente un conflito
5. Programas de resolución do conflito
5.1. Equipo de mediación
5.2. Regulación directa entre iguais
6. Recomendacións para chegar á “unanimidade” nas decisións en grupo
7. Mapa do conflito

DOCENTE

Ana González Quinteiro, educadora social no Concello de Pontevedra, con ampla experiencia na docencia de contidos da súa especialidade entre o profesorado (en centros de formación e recursos e sindicatos), o monitorado ou os traballadores públicos, abordando temas como o liderado, as habilidades sociais, dinámicas de grupos, manexo do estrés, planificación, motivación, resolución de conflitos etc.

Na actualidade realiza estudos de doutoramento en Equidade e Innovación Educativa (Departamento de Pedagoxía e Didáctica, USC).

PERSOAS DESTINATARIAS

- Técnicos/as de servizos de normalización lingüística (SNL)
- Docentes ou responsables de EDNLG
- Traballadores/as de empresas, asociacións e outras entidades relacionadas coa normalización da lingua
- Persoas interesadas en traballar pola normalización da lingua

Para respectar escrupulosamente as medidas de seguranza, especialmente de distancia entre persoas, o curso terá un límite de prazas. Así mesmo, será obrigatorio o uso de máscara durante toda a actividade formativa.

DURACIÓN DO CURSO

16 horas

LUGAR DO CURSO

No Espazo Apego do Concello de Santiago de Compostela (rúa da República do Salvador, 12, Santiago de Compostela)

PRAZO DE INSCRICIÓN

Aínda que a convocatoria se anuncia con certa antelación para que o alumnado poida programar o seu tempo o mellor posible, o prazo de matrícula adíase ao inicio do mes de setembro e será o seguinte:
-Do 1 ao 19 de setembro de 2021

AVISO: non se habilitará o formulario de inscrición ata que comece este prazo.

ORGANIZA
- CTNL

COLABORAN
- Concello de Santiago de Compostela
- Secretaría Xeral de Política Lingüística (Consellería de Cultura, Educación e Universidade)


Información completa e formulario de inscrición
.

Convocatoria completa en .pdf


Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30    
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego