CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


2968 votos
Votar | | | |


27-08-2021

Bases específicas dunha praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Carballo

SNL Carballo
O Concello de Carballo publica no BOP de hoxe as bases específicas para a cobertura como funcionario/a de carreira dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. O prazo para presentar solicitudes será de 20 días naturais logo da publicación da convocatoria no BOE do 28 de setembro de 2021.


O Concello de Carballo publica no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 27 de agosto de 2021 as bases específicas para a cobertura como funcionario/a de carreira dunha praza de técnico/a de normalización lingüística, incluída na oferta de emprego público do ano 2019.

A convocatoria réxese polas bases específicas publicadas hoxe e, naquilo que non fose modificado por normativa posterior, tamén polas bases xerais segunda a décimo sexta publicadas no BOP do 5 de xaneiro de 2011.

OBXECTO DA CONVOCATORIA

Convócase unha praza de funcionario/a de carreira da escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos/as superiores, denominada técnico/a de normalización lingüística (grupo A1, nivel de complemento de destino 22).

As funcións da praza veñen establecidas nas bases especificas de acordo coa Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Carballo aprobada polo Pleno Municipal, en sesión ordinaria celebrada o 30 de setembro de 2013.

REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES

Alén dos establecidos na base terceira das bases xerais, os requisitos de titulación son: licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués) ou grao en Lingua Galega; ou tamén titulación en calquera outra licenciatura/grao pertencentes á área de Humanidades ou de Ciencias Xurídicas e Sociais, sempre que se dispoña do Celga 5.

PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

O sistema de selección será o concurso-oposición libre.

FASE DE CONCURSO

A puntuación máxima posible desta fase é de 40 puntos. Valoraranse os seguintes méritos:

- Experiencia profesional en postos de traballo relacionados co obxecto da convocatoria: ata un máximo de 18 puntos, con valoración diferenciada se a experiencia corresponde á Administración local ou a outras administracións públicas ou entidades públicas ou privadas

- Formación relacionada co posto de traballo: ata 10 puntos.

- Docencia de cursos de lingua galega: ata 3 puntos.

- Publicacións e creación de materiais relacionados coa lingua galega: ata 4 puntos.

- Participación en proxectos de investigación relacionados coa lingua galega: ata 5 puntos.

Esta fase non terá carácter eliminatorio.

FASE DE OPOSICIÓN

A totalidade desta fase terá unha cualificación máxima global de 80 puntos, e consistirá na realización de tres probas obrigatorias e eliminatorias:

- Primeiro exercicio: consistirá nun exame tipo test sobre a parte xeral do temario. Incluirá 50 preguntas e 5 de reserva para responder en 60 minutos. A puntuación máxima desta proba é de 25 puntos.

- Segundo exercicio: consistirá en desenvolver por escrito dous temas da parte específica do temario. Os temas escolleranse entre tres extraídos por sorteo e a duración da proba será de tres horas. A puntuación máxima desta proba é de 20 puntos.

- Terceiro exercico: consistirá en realizar un suposto práctico. A puntuación máxima desta proba é de 35 puntos.

O temario, de 30 temas na parte xeral e 60 na parte específica, figura como anexo das bases específicas.

PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS

As solicitudes para participar neste proceso selectivo presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Carballo ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Se, consonte o devandito precepto, se presentan a través das oficinas de Correos, deberá aparecer o selo de certificado no sobre exterior e na propia solicitude.

DEREITOS DE EXAME

O dereitos de exame establécense en 24,00 €.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Será de 20 días naturais, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE). Este anuncio publicouse no BOE do 28 de setembro de 2021, polo que o prazo para presentar solicitudes está aberto do 29 de setembro ao 18 de outubro de 2021.

Información completa:

- Oferta pública de emprego, en .pdf (BOP do 27 de marzo de 2019)

- Bases xerais, en .pdf (BOP do 5 de xaneiro de 2011)

- Bases específicas, en .pdf (BOP do 27 de agosto de 2021)

- Anuncio da convocatoria no BOE, en .pdf (BOE do 28 de setembro de 2021)

Información no web do Concello de Carballo aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego