15-09-2021O Concello de Ames convoca unha bolsa de prácticas no seu SNL
REQUISITOS DE TITULACIÓN:- Grao en Lingua e Literatura Galegas.
OUTROS REQUISITOS:- Coñecemento sobre o manexo de procesadores de texto.
- Ter carné de conducir.
DESENVOLVEMENTO DA BOLSA:Con esta bolsa, a persoa seleccionada aprenderá a executar programas e actividades de dinamización lingüística, a prestar asesoramento lingüístico e sociolingüístico a departamentos municipais e outros colectivos, a impartir formación e a coordinarse con outros departamentos, centros educativos e servizos de normalización, ademais de coñecer a organización e o funcionamento básico dun concello.
XORNADA LABORAL E DURACIÓN DA BOLSA:As prácticas serán a xornada completa durante doce meses.
PRAZO PARA INSCRIBIRSE:Até o 24 de setembro ás 14.00 h.
LUGAR DE INSCRICIÓN:A inscrición farase través da
plataforma da FEUGA.
PROCESO DE SELECCIÓNAs persoas inscritas participarán nun proceso de selección que consistirá na valoración do
currículo presentado (40%), un
suposto práctico a partir dunhas premisas previamente indicadas vinculado coas tarefas propias dun servizo de normalización lingüística (50%) e e unha
entrevista sobre Ames e a dispoñibilidade das persoas candidatas (10%).
Máis información no
web do Concello de Ames