CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


184 votos
Votar | | | |


28-09-2021

Ordenanza para o uso da lingua galega no Concello de Noia

Ordenanza de NL de Noia
O Concello de Noia aprobou a súa Ordenanza municipal reguladora do uso da lingua galega. O texto definitivo publicouse no BOP da Coruña do 27 de setembro de 2021.




O Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 27 de setembro de 2021 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza municipal reguladora do uso da lingua galega no concello de Noia, aprobada provisionalmente o 27 de maio de 2021.

Este texto normativo do Concello de Noia declara o galego como idioma oficial do Concello, por ser lingua propia e oficial de Galicia. Por tanto, establécese que "O Concello de Noia empregará o galego en todas as súas accións, nas súas actuacións administrativas, na documentación, na comunicación social e nas relacións coa cidadanía e con todas as entidades situadas en Galicia, así como con aquelas que admitan o galego para as actuacións administrativas".

Ao longo dos seus 30 artigos distribuídos en 15 capítulos, alén dunha disposición adicional e dúas derradeiras, regúlase o uso oficial do galego; o ámbito de aplicación; a atención ao público; o emprego da lingua na documentación e actuación administrativa; nas publicacións, accións informativas, formativas e actividades públicas; na compra de bens e materiais, no encargo e contratación de servizos e nas relacións coas empresas privadas; na sinalizacións e rotulado; nas relacións con outras administracións; polo persoal ao servizo da Administración; e na toponimia, nomes de rúas, edificios e outras localizacións.

Tamén se establece no seu articulado a responsabilidade do concello no impulso institucional do idioma e o labor de mellora da calidade lingüística e da linguaxe democrática inclusiva.

O SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O texto da ordenanza recolle no seu artigo 22 que o Concello de Noia contará servizo de normalización lingüístico "estable cun espazo propio e dotado con recursos económicos, materiais e humanos suficientes, co obxecto de impulsar a normalización da lingua, procurar o incremento do uso e prestixio do idioma galego no ámbito municipal e coordinar as accións necesarias para que se cumpra esta ordenanza". Así mesmo, enumera as súas tarefas nas áreas de dinamización sociolingüística, formación sociolingüística, asesoramento lingüístico e as funcións xerais.

O PLAN DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Nos artigos 23 a 29 establécese que o Concello aprobará un Plan de normalización lingüística (PLN), documento en que se plasmará periodicamente o desenvolvemento e a concreción da política municipal sobre a promoción da lingua galega. Elaborarase tras un diagnóstico actualizado sobre a normalización da lingua galega no municipio, que axudará a definir as prioridades que sexan coherentes coa política municipal, coas súas competencias e, á vez, coas necesidades, intereses e problemas detectados.

O PNL conterá medidas específicas tendentes a procurar a promoción da lingua galega dentro do territorio municipal de Noia e terá a mesma vixencia ca a duración do goberno municipal. A súa aprobación deberán producirse no prazo máximo dun ano desde a data de constitución de cada Goberno municipal.


Ordenanza municipal reguladora do uso da lingua galega no Concello de Noia, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego