CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


2426 votos
Votar | | | |


24-10-2021

Os XXIII Encontros para a Normalización Lingüística analizan a transmisión interxeracional da lingua galega

XXIII Encontros para a Normalización Lingüística
Desde o berce: a transmisión interxeracional da lingua galega é o subtítulo dos XXIII Encontros para a Normalización Lingüística, que nesta edición terán un formato mixto. O 25 e o 26 de outubro estarán dispoñibles os vídeos cos contidos expositivos e o 4 de novembro terá lugar unha xornada con catro coloquios, que se poderá seguir de forma presencial ou en liña.


A nova edición dos Encontros para a Normalización Lingüística estará dedicada á transmisión interxeracional da lingua galega, desde a perspectiva das familias, da educación e do lecer.

Incluirá catro sesións diferentes onde se abordarán:

1) Cuestións teóricas, análise da situación e experiencias doutras realidades
2) Experiencias de traballo coas familias e desde as familias que crían en galego
3) Experiencias e exemplos de diversos axentes das comunidades educativas
4) Experiencias e necesidades no ámbito do lecer


ENCONTROS NUN FORMATO MIXTO

Logo da experiencia virtual da edición anterior, os novos encontros chegan nun formato mixto (telemático e presencial), tratando de aproveitar o positivo da versión virtual e recuperando a presencialidade.

As sesións teóricas ou expositivas están gravadas con anterioridade e faranse públicas o 25 e o 26 de outubro ás 14.00 h no web do Consello da Cultura Galega.

Posteriormente, o 4 de novembro, en horario de mañá e tarde, terán lugar os catro coloquios correspondentes ás catro sesións mencionadas. Estes coloquios poderanse seguir de forma presencial na sede do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º, praza do Obradoiro, s/n, Santiago de Compostela) ou de forma virtual a través de YouTube. Durante os coloquios incorporaranse as preguntas e reflexións do público asistente, tanto desde a sala como desde Internet.

Os XXIII Encontros para a Normalización Lingüística finalizarán cunha proposta artística relacionada coa transmisión da lingua.

PROGRAMA

25 E 26 DE OUTUBRO

14:00 horas: publicación dos contidos gravados dos XXIII Encontros para a Normalización Lingüística en consellodacultura.gal

4 DE NOVEMBRO

10:30 horas: A transmisión interxeracional da lingua galega: marco conceptual e contexto social
Paula Kasares, Universidade Pública de Navarra e Euskarabidea-Instituto Navarro do Euskera (relatorio gravado)
Xaquín Loredo, Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (relatorio gravado)
Anik Nandi, Universidade de Leiden (Países Baixos) (relatorio gravado)
Modera: Ana Iglesias

Obxectivos da sesión: achegar datos cuantitativos e cualitativos, abordar o marco conceptual e expor experiencias e accións implementadas noutras áreas lingüísticas.

12:00 horas: Crianza en galego... crianza natural
Ruth Caramés, Cooperativa Fabaloba (relatorio gravado)
Irimia Fernández, Brazolinda (relatorio gravado)
Socorro García, Proxecto Apego (relatorio gravado)
Modera: Manuel Maseda

Obxectivos da sesión: presentar unha visión diversa da crianza, relacionada cos espazos e cos tempos. Un achegamento ao traballo e á ollada de catro persoas que teñen consciencia da importancia de criar na nosa lingua.

16:00 horas: Escola en galego... escola aberta
Fernando Lacaci, Confederación ANPAS Galegas (relatorio gravado)
Cristina Llinares, A Galiña Azul (relatorio gravado)
Lorena Pita e Cristina Rodríguez, Aulas Galegas (relatorio gravado)
Marta Santos e Joana Santos, Proxecto Semente (relatorio gravado)
Modera: Bernardo Penabade

Obxectivos da sesión: presentar unha visión desde a perspectiva de diversos axentes da comunidade educativa. Un achegamento á ollada de catro colectivos que teñen consciencia da importancia de facer escola -de múltiples formas- na nosa lingua. Partillar propostas concretas e falar de metodoloxías e modelos colaborativos desde ópticas diversas.

17:30 horas: Lecer en galego? Espazo de transmisión?
María Campos e Carlos Yus, Á procura do tesouro. Migallas Teatro (relatorio gravado)
Nerea Couselo, Socialización en galego no ámbito municipal. Xandobela (relatorio gravado)
Marcos Maceira, Iniciativa Xabarín. A Mesa pola Normalización Lingüística (relatorio gravado)
Marcelo Rodríguez, Paseíños para peques. Faia, Educación Ambiental (relatorio gravado)
Modera: Marta Souto

Obxectivos da sesión: ofrecer información e debater sobre o que fan as e os cativos no tempo de lecer, que demandan as familias e que ofertan as administracións e as empresas, todo a través de experiencias desenvolvidas no ámbito galego.

19:00 horas: Faia Díaz e Vero Rilo, Apatacón. Por unha peseta (actuación de peche)

Proposta artística a voz cantada e narrada, que fai referencia xustamente ás historias interxeracionais aprendidas das súas avoas. Unha transmisión da lingua moi viva que saben tecer perfectamente para darlle forma ao espectáculo.

INSCRICIÓN

A inscrición nos XXIII Encontros para a Normalización Lingüística é gratuíta a través do formulario desta páxina.

Organiza: Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega coa colaboración da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística)

Programa en .pdf e máis información no web do CDSG.

Documento de conclusións dos XXIII Encontros para a Normalización Lingüística, en pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Febreiro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego