07-12-2021A CTNL presenta alegacións á modificación da RPT do Concello de Betanzos, que inclúe a praza de TNL como grupo II

No
BOP da Coruña do 18 de novembro de 2021, o
Concello de Betanzos publicou o
anuncio da aprobación inicial da
modificación puntual da súa relación de postos de traballo.
Neste documento
xa se inclúe a praza de técnico/a de normalización lingüística, o que
supón un avance respecto da aprobación da RPT o ano pasado, mais
modificando o grupo de contratación, que pasa do I de persoal laboral do posto actual
ao grupo II do posto da RPT.
Tanto nos diversos
cadros de persoal do concello publicados entre 2008 e 2021 como no
Convenio colectivo do persoal laboral ao servizo do Concello de Betanzos figura este posto no
grupo I. Sen esquecer que nas axudas para o mantemento de servizos de normalización lingüística que convocan a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña tamén se establece como requisito de contratación a pertenza ao grupo I ou A1.
Alén disto, entre as
funcións para o posto de TNL que se recollen na proposta de modificación da RPT están tarefas obsoletas ou propias doutras categorías, en lugar de enumerar as propias do SNL que figuran no artigo 22 da
Ordenanza para o impulso da lingua galega no Concello de Betanzos. Nas devanditas axudas para o mantemento de servizos de normalización lingüística da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña tamén se establecen as mesmas
funcións, que podemos considerar
consolidadas e asumidas para este tipo de departamentos.
Desde a CTNL consideramos que
non hai motivo ningún para modificar o grupo de contratación, decisión que
degrada tanto o posto de traballo coma o labor técnico de promoción da lingua, e ademais pode ter consecuencias negativas á hora de recibir axudas do Goberno autonómico e do Goberno provincial para o mantemento do SNL, pois o Concello de Betanzos pasaría a incumprir os requisitos de contratación que establecen estas convocatorias.
A CTNL solicítalle ao Concello de Betanzos que corrixa a modificación da RPT do seguinte xeito:
1. Que denomine a praza como “
técnico/a de normalización lingüística”.
2. Que a clasifique no
grupo I de persoal laboral e requira como titulación necesaria un
título universitario de grao ou unha licenciatura.
3. Que estableza como
funcións da praza
as que figuran na Ordenanza para o impulso da lingua galega no Concello de Betanzos.
DOCUMENTACIÓN
Anuncio no BOP do 18 de novembro de 2021, en .pdfCertificado do acordo de modificación da RPT, en .pdfDocumento da modificación puntual da RPT, en .pdfEscrito de alegacións dirixido ao Concello de Betanzos, en .pdf