CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


580 votos
Votar | | | |


16-12-2021

Convocatoria de dúas prazas de técnico/a de normalización lingüística na Universidade de Vigo

Universidade de Vigo
No DOG do 15 de decembro de 2021 publicáronse as bases da convocatoria de dúas prazas de técnico/a de normalización lingüística na Universidade de Vigo. O primeiro prazo para presentar solicitudes estivo aberto do 28 de decembro de 2021 ao 25 de xaneiro de 2022. Por mor da modificación da convocatoria, abriuse un novo prazo do 18 de maio ao 14 de xuño de 2022.




A Universidade de Vigo publicou no Diario Oficial de Galicia do 15 de decembro de 2021 as bases de convocatoria de dúas prazas de técnico/a de normalización lingüística, incluídas na oferta de emprego público do persoal de administración e servizos para o ano 2018 (DOG do 24 de decembro de 2018).

OBXECTO DA CONVOCATORIA

Convócanse dúas prazas de persoal laboral fixo do grupo I, na categoría de técnico/a de normalización lingüística, unha polo sistema de promoción interna e outra de acceso libre. No caso de que non se cubra a praza pola quenda de promoción interna, acumularase á quenda de acceso libre.

REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES

Os requisitos están establecidos na base segunda da convocatoria e son os habituais para o acceso ao emprego público. A titulación requirida, por tratarse de prazas do grupo I, é grao, licenciatura, arquitectura ou enxeñaría.

NOTA IMPORTANTE: estes requisitos foron modificados mediante unha resolución publicada no DOG do 24 de marzo de 2022.

PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

O sistema de selección será o concurso-oposición tanto para a quenda de acceso libre como para a promoción interna.

FASE DE OPOSICIÓN

Consistirá na realización de tres exercicios obrigatorios, dous deles eliminatorios e outro non eliminatorio.

- Primeiro exercicio: é de carácter teórico e eliminatorio. Consistirá nun exame tipo test sobre a parte específica do temario. Incluirá 120 preguntas e 8 de reserva con catro respostas alternativas, para responder en 140 minutos. A puntuación máxima desta proba é de 24 puntos na quenda de acceso libre e de 40 puntos na quenda de promoción interna.

- Segundo exercicio: é de carácter práctico e eliminatorio. Consistirá en realizar probas prácticas ou resolver supostos prácticos en relación coa parte específica do temario. A puntuación máxima desta proba é de 30 puntos na quenda de acceso libre e de 45 na quenda de promoción interna.

- Terceiro exercicio: non é eliminatorio e están exentas de facelo as persoas aspirantes por promoción interna. Divídese en dúas probas:

a) Coñecementos de lingua galega, cunha puntuación máxima de 2 puntos. Están exentas de facer esta proba as persoas que acrediten o Celga 4.

b) Coñecementos non específicos. Consistirá nun exame tipo test sobre a parte xeral do temario. Incluirá 20 preguntas e 2 de reserva con catro respostas alternativas,para responder en 25 minutos. A puntuación máxima desta proba é de 4 puntos.

O temario, de 25 temas na parte específica e 12 na parte xeral, figura como anexo II das bases.

FASE DE CONCURSO

No concurso valoraranse dous aspectos:

- Experiencia profesional en postos de traballo da mesma categoría na Universidade de Vigo, ata un máximo de 30 puntos para o acceso libre. Na quenda de promoción interna valórase a antigüidade ata 10 puntos.

- Formación relacionada coa categoría da praza, acreditada suficientemente e impartida por centros e organismos oficiais: ata 10 puntos para quenda libre (5 no caso da promoción interna).

NOTA IMPORTANTE: a valoración da experiencia profesional foi modificada mediante unha resolución publicada no DOG do 24 de marzo de 2022.

PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS

As solicitudes para participar neste proceso selectivo presentaranse seguindo o modelo oficial que estará dispoñible aquí cando se abra o prazo correspondente.

DEREITOS DE EXAME

O dereitos de exame establécense en 43,30 €.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Será de 20 días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE). Este anuncio publicouse o 27 de decembro de 2021, polo que o primeiro prazo finalizou o 25 de xaneiro de 2022.

NOTA IMPORTANTE: por mor dos cambios establecidos na resolución publicada no DOG do 24 de marzo de 2022, Aacordouse abrir un novo prazo de 20 días hábiles para presentar solicitudes, que comezará a contar desde o día seguinte ao anuncio desta resolución no BOE. Este anuncio publicouse no BOE do 16 de maio de 2022, polo que o novo prazo de inscrición estará aberto do 18 de maio ao 14 de xuño de 2022.

Información completa:

- Oferta pública de emprego de 2018, en .pdf (DOG do 24 de decembro de 2018)

- Bases da convocatoria, en .pdf (DOG do 15 de decembro de 2021)

- Anuncio da convocatoria no BOE do 27 de decembro de 2021, en .pdf

- Modificación da convocatoria, en .pdf (DOG do 24 de marzo de 2022)

- Anuncio da modificación da convocatoria e do novo prazo de inscrición, en .pdf (BOE do 16 de maio de 2022)

Información e formulario de inscrición no web da Universidade de Vigo aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • Gústame... o galego
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Axenda da lingua
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego