27-12-2021A CTNL solicítalle á Universidade de Vigo a modificación das bases da convocatoria de TNL
No
Diario Oficial de Galicia do 15 de decembro de 2021, a Universidade de Vigo publicou as
bases de convocatoria do proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo I, na categoría de técnico/a superior de normalización lingüística, polo sistema de promoción interna e de acceso libre, das cales informamos
aquí. O
prazo para presentación de solicitudes está aberto
do 28 de decembro de 2021 ao 25 de xaneiro de 2022.
COÑECEMENTO DE LINGUA GALEGA PARA UNHA PRAZA DE TÉCNICO/A DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICANa base 2 establécense, entre outros requisitos para participar no proceso selectivo, os de titulación: estar en posesión do título de grao, licenciado, arquitecto ou enxeñeiro ou estar en condicións de obtelo na data de remate do prazo de presentación de instancias. Mais
non se especifica ningún requisito lingüístico.
Os
coñecementos lingüísticos veñen citados
nas bases 3 e 6, referidas ás solicitudes e ao desenvolvemento dos exercicios. Nelas especifícase que
o perfil lingüístico establecido para estas prazas é o certificado oficial de coñecemento de lingua galega do nivel 4 (Celga 4), o mesmo ca para calquera outra praza do grupo I que non requira un
especial coñecemento da lingua galega. Tamén se indica no anexo I, no apartado correspondente á fase de oposición, que a proba de coñecemento de lingua galega forma parte do terceiro exercicio, que é obrigatorio mais non eliminatorio, o que supón que nin sequera se considera propiamente un requisito.
Porén, entre as
funcións da Área de Normalización Lingüística están:
• Organizar e
impartir cursos de lingua galega para os membros da comunidade universitaria.
• Informar e
asesorar permanentemente a todos os órganos da universidade no referente ao uso do galego.
• Propoñer as actuacións que considere máis axeitadas para o proceso de normalización da lingua galega na universidade.
•
Corrixir, por instancia do órgano competente, os documentos e escritos oficiais.
• Canalizar as relacións con entidades extrauniversitarias relacionadas coa lingua galega.
Algunhas destas funcións forman parte da
área de asesoramento lingüístico, un dos ámbitos de traballo dos servizos de normalización lingüística. Para levar a cabo estas funcións de asesoramento e incluso de formación lingüística
é insuficiente un certificado de coñecemento da lingua galega do nivel 4. Para afrontar estas funcións
requírese un coñecemento especializado da lingua galega, o que xustifica que se estableza como requisito das prazas de técnico/a de normalización lingüística un
nivel Celga 5 ou cando non se require unha titulación que xa o inclúa.
EXPERIENCIA LABORAL NO CONCURSO DE MÉRITOSNo anexo I da resolución, no apartado correspondente á fase de concurso para o acceso libre,
só se valoran os servizos prestados na Universidade de Vigo na mesma categoría. Tendo en conta que as funcións nos servizos de normalización lingüística doutras entidades (universidades, administracións locais etc.) son semellantes ou mesmo idénticas ás da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, consideramos
discriminatorio que non se valore o traballo desenvolvido na mesma categoría noutras entidades, coa mesma puntuación ou cunha puntuación razoablemente inferior.
Por estes motivos,
a CTNL solicita que se modifiquen as bases da convocatoria cos seguintes cambios:
1. Que se estableza como
requisito para as prazas de técnico/a de normalización lingüística un nivel de coñecemento da lingua galega do nivel máis alto, é dicir,
Celga 5.
2. Que no
concurso de méritos se valore a experiencia laboral en servizos de normalización lingüística doutras entidades, sempre que teñan funcións equivalentes ás da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.