CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


221 votos
Votar | | | |


27-12-2021

A CTNL solicítalle á Universidade de Vigo a modificación das bases da convocatoria de TNL

Universidade de Vigo
Tras a publicación das bases da convocatoria de dúas prazas de técnico/a de normalización lingüística no DOG do 15 de decembro, a CTNL presentou un recurso de reposición para solicitar que se inclúa como requisito o máximo nivel de coñecemento da lingua galega e que se valore no concurso a experiencia laboral noutras entidades.





No Diario Oficial de Galicia do 15 de decembro de 2021, a Universidade de Vigo publicou as bases de convocatoria do proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo I, na categoría de técnico/a superior de normalización lingüística, polo sistema de promoción interna e de acceso libre, das cales informamos aquí. O prazo para presentación de solicitudes está aberto do 28 de decembro de 2021 ao 25 de xaneiro de 2022.

COÑECEMENTO DE LINGUA GALEGA PARA UNHA PRAZA DE TÉCNICO/A DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Na base 2 establécense, entre outros requisitos para participar no proceso selectivo, os de titulación: estar en posesión do título de grao, licenciado, arquitecto ou enxeñeiro ou estar en condicións de obtelo na data de remate do prazo de presentación de instancias. Mais non se especifica ningún requisito lingüístico.

Os coñecementos lingüísticos veñen citados nas bases 3 e 6, referidas ás solicitudes e ao desenvolvemento dos exercicios. Nelas especifícase que o perfil lingüístico establecido para estas prazas é o certificado oficial de coñecemento de lingua galega do nivel 4 (Celga 4), o mesmo ca para calquera outra praza do grupo I que non requira un especial coñecemento da lingua galega. Tamén se indica no anexo I, no apartado correspondente á fase de oposición, que a proba de coñecemento de lingua galega forma parte do terceiro exercicio, que é obrigatorio mais non eliminatorio, o que supón que nin sequera se considera propiamente un requisito.

Porén, entre as funcións da Área de Normalización Lingüística están:

• Organizar e impartir cursos de lingua galega para os membros da comunidade universitaria.
• Informar e asesorar permanentemente a todos os órganos da universidade no referente ao uso do galego.
• Propoñer as actuacións que considere máis axeitadas para o proceso de normalización da lingua galega na universidade.
Corrixir, por instancia do órgano competente, os documentos e escritos oficiais.
• Canalizar as relacións con entidades extrauniversitarias relacionadas coa lingua galega.

Algunhas destas funcións forman parte da área de asesoramento lingüístico, un dos ámbitos de traballo dos servizos de normalización lingüística. Para levar a cabo estas funcións de asesoramento e incluso de formación lingüística é insuficiente un certificado de coñecemento da lingua galega do nivel 4. Para afrontar estas funcións requírese un coñecemento especializado da lingua galega, o que xustifica que se estableza como requisito das prazas de técnico/a de normalización lingüística un nivel Celga 5 ou cando non se require unha titulación que xa o inclúa.

EXPERIENCIA LABORAL NO CONCURSO DE MÉRITOS

No anexo I da resolución, no apartado correspondente á fase de concurso para o acceso libre, só se valoran os servizos prestados na Universidade de Vigo na mesma categoría. Tendo en conta que as funcións nos servizos de normalización lingüística doutras entidades (universidades, administracións locais etc.) son semellantes ou mesmo idénticas ás da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, consideramos discriminatorio que non se valore o traballo desenvolvido na mesma categoría noutras entidades, coa mesma puntuación ou cunha puntuación razoablemente inferior.


Por estes motivos, a CTNL solicita que se modifiquen as bases da convocatoria cos seguintes cambios:

1. Que se estableza como requisito para as prazas de técnico/a de normalización lingüística un nivel de coñecemento da lingua galega do nivel máis alto, é dicir, Celga 5.

2. Que no concurso de méritos se valore a experiencia laboral en servizos de normalización lingüística doutras entidades, sempre que teñan funcións equivalentes ás da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.


Ligazóns relacionadas


Recurso de reposición contra as bases das prazas de TNL da UVigo

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Febreiro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego