CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


4186 votos
Votar | | | |


29-12-2021

Subvencións da Deputación da Coruña para creación, reforzo e mantemento de SNL en 2022

Deputación Provincial da Coruña
A Deputación Provincial da Coruña anunciou no BOP do 28 de decembro de 2021 as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL durante o ano 2022. O prazo de presentación de solicitudes será do 5 ao 31 de xaneiro de 2022.


A Deputación Provincial da Coruña anunciou no BOP do 28 de decembro de 2021 as bases do programa de axudas para a creación, mantemento e reforzo de servizos de normalización lingüística nas entidades locais durante o ano 2022.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Poderán solicitar esta subvención concellos da provincia da Coruña de 5.000 ou máis habitantes ou agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais que, entre eles, cheguen ao mesmo número mínimo de habitantes.

MODALIDADES DE AXUDAS:

A convocatoria establece tres modalidades de axudas:

- creación de novos servizos de normalización lingüística

- mantemento de servizos de normalización lingüística xa existentes

- reforzo de servizos de normalización lingüística xa existentes (única modalidade a que poden concorrer as cidades da provincia: A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela). Neste caso, o persoal de reforzo deberá dedicarse a labores de dinamización sociolingüística.

IMPORTE DAS AXUDAS

As axudas servirán para financiar as retribucións do persoal técnico dos servizos de normalización lingüística (SNL).

O importe total do crédito consignado (500.000 euros) distribuirase a partes iguais entre as entidades beneficiarias, que recibirán unha cantidade fixa de 15.000 euros se a contratación se produce durante todo ano e a xornada completa. O importe reducirase en proporción á xornada desenvolvida polo persoal.

FORMA E PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes iniciase o día seguinte da publicación no BOP do extracto da convocatoria segundo a remisión da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS). Este extracto foi publicado no BOP do 5 de xaneiro e establece que o prazo está aberto do 5 ao 31 de xaneiro ás 14.00 h.

As solicitudes presentaranse telematicamente na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTeL).

Así mesmo, na base 9.1 tamén se especifica o prazo de xustificación das subvencións unha vez concedidas: até as 14:00 horas do 30 de marzo de 2023.

Información máis detallada:

- nas bases específicas reguladoras desta convocatoria, en .pdf (BOP do 28 de decembro de 2021)

- respecto do prazo, no extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 4 de xaneiro de 2022)

ADDENDAS

- Resolución provisional das axudas, en .pdf (BOP da Coruña do 30 de marzo de 2022)

- Resolución definitiva das axudas, en .pdf (BOP da Coruña do 19 de maio de 2022)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Febreiro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego