29-12-2021Subvencións da Deputación da Coruña para creación, reforzo e mantemento de SNL en 2022

A
Deputación Provincial da Coruña anunciou no BOP do 28 de decembro de 2021 as
bases do programa de axudas para a
creación, mantemento e reforzo de servizos de normalización lingüística nas entidades locais durante o ano 2022.
ENTIDADES BENEFICIARIASPoderán solicitar esta subvención
concellos da provincia da Coruña de
5.000 ou máis habitantes ou
agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais que, entre eles, cheguen ao mesmo número mínimo de habitantes.
MODALIDADES DE AXUDAS:A convocatoria establece
tres modalidades de axudas:
-
creación de novos servizos de normalización lingüística
-
mantemento de servizos de normalización lingüística xa existentes
-
reforzo de servizos de normalización lingüística xa existentes (única modalidade a que poden concorrer as cidades da provincia: A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela). Neste caso, o persoal de reforzo deberá dedicarse a labores de dinamización sociolingüística.
IMPORTE DAS AXUDASAs axudas servirán para financiar as retribucións do persoal técnico dos servizos de normalización lingüística (SNL).
O importe total do crédito consignado (
500.000 euros) distribuirase a partes iguais entre as entidades beneficiarias, que recibirán unha
cantidade fixa de 15.000 euros se a contratación se produce durante todo ano e a xornada completa. O importe reducirase en proporción á xornada desenvolvida polo persoal.
FORMA E PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESO
prazo de presentación de solicitudes iniciase o día seguinte da
publicación no BOP do extracto da convocatoria segundo a remisión da Base de Datos Nacional de Subvencións (
BDNS). Este
extracto foi publicado no BOP do 5 de xaneiro e establece que o
prazo está aberto do 5 ao 31 de xaneiro ás 14.00 h.
As
solicitudes presentaranse telematicamente na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da
plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTeL).
Así mesmo, na base 9.1 tamén se especifica o
prazo de xustificación das subvencións unha vez concedidas: até as 14:00 horas do 30 de marzo de 2023.
Información máis detallada:
- nas
bases específicas reguladoras desta convocatoria, en .pdf (BOP do 28 de decembro de 2021)
- respecto do prazo, no
extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 4 de xaneiro de 2022)
ADDENDAS-
Resolución provisional das axudas, en .pdf (BOP da Coruña do 30 de marzo de 2022)
-
Resolución definitiva das axudas, en .pdf (BOP da Coruña do 19 de maio de 2022)