CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


493 votos
Votar | | | |


01-02-2022

Xornadas en Vigo sobre recursos educativos para traballarmos en galego

Xornadas en Vigo sobre recursos educativos para traballarmos en galego
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza as II Xornadas sobre recursos educativos para traballarmos en galego, dirixidas a profesorado de todas as etapas educativas e a membros dos equipos de dinamización da lingua galega. A inscrición é gratuíta e está aberta até o 8 de febreiro.


A segunda edición das Xornadas sobre recursos educativos para traballarmos en galego, organizadas polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo terán lugar os días 10, 17 e 24 de febreiro de 2022 no Verbum (Vigo).

DESTINATARIOS/AS

Esta actividade formativa está dirixida principalmente ao profesorado de todas as etapas educativas e aos membros dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros de ensino.

OBXECTIVO DAS XORNADAS

O obxectivo é dar a coñecer proxectos ou recursos didácticos que poidan contribuír a normalizar o uso da lingua galega dentro e fóra das aulas.

INSCRICIÓN

O prazo de inscrición remata o 8 de febreiro. A inscrición faise cubrindo o seguinte formulario e enviándoo por correo electrónico a actividades.snl@vigo.org

SESIÓNS

As sesións terán lugar os días 10, 17 e 24 de febreiro de 2022 no Verbum (Vigo).

PROGRAMA

As xornadas inclúen relatorios de reflexión (Manuel Núñez Singala: "En galego por que non?"), obradoiros prácticos (por exemplo un de subtitulación da profesora da UVigo Lourdes Lorenzo) e noutras sesións combínase a práctica coa información máis teórica. Nestas teremos obradoiros de slam (con Silvia Penas), Kike Fontán achegará información e actividades sobre as novas tecnoloxías aplicadas ao ensino (realidade virtual, aumentada, intelixencia artificial, ciberseguridade...); sobre o xogo como ferramenta didáctica e normalizadora falarannos Xandobela. Aulas Galegas ofrecerán unha ventá aberta a recursos didácticos dirixidos a familias, profesorado e alumnado...

Tamén haberá presentación de experiencias do profesorado: Coloma Romero daranos a coñecer o proxecto "Estacións de aprendizaxe" desenvolvido no CEP Celso Emilio Ferreiro, e Olga Nogueira Fernández, do IES Ricardo Mella, exporá a súa experiencia do pasado curso que este ano comparte con outros centros: "Unha semaniña enteira".

Alén disto, a propia concellaría vai mostrar a súa nova páxina web.

Máis información e programa detallado na páxina do SNL de Vigo.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Maio de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • Gústame... o galego
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Axenda da lingua
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego