01-02-2022Xornadas en Vigo sobre recursos educativos para traballarmos en galego
O
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza as
II Xornadas sobre recursos educativos para traballarmos en galego, dirixidas a profesorado de todas as etapas educativas e a membros dos equipos de dinamización da lingua galega. A
inscrición é gratuíta e está
aberta até o 8 de febreiro.
A segunda edición das
Xornadas sobre recursos educativos para traballarmos en galego, organizadas polo
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo terán lugar os
días 10, 17 e 24 de febreiro de 2022 no Verbum (Vigo).
DESTINATARIOS/ASEsta actividade formativa está dirixida principalmente ao profesorado de todas as etapas educativas e aos membros dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros de ensino.
OBXECTIVO DAS XORNADASO obxectivo é
dar a coñecer proxectos ou recursos didácticos que poidan contribuír a normalizar o uso da lingua galega dentro e fóra das aulas.
INSCRICIÓNO prazo de inscrición remata o
8 de febreiro. A inscrición faise cubrindo
o seguinte formulario e enviándoo por correo electrónico a
actividades.snl@vigo.orgSESIÓNSAs sesións terán lugar os días
10, 17 e 24 de febreiro de 2022 no Verbum (Vigo).
PROGRAMAAs xornadas inclúen relatorios de reflexión (
Manuel Núñez Singala: "En galego por que non?"), obradoiros prácticos (por exemplo un de subtitulación da profesora da UVigo
Lourdes Lorenzo) e noutras sesións combínase a práctica coa información máis teórica. Nestas teremos obradoiros de slam (con
Silvia Penas),
Kike Fontán achegará información e actividades sobre as novas tecnoloxías aplicadas ao ensino (realidade virtual, aumentada, intelixencia artificial, ciberseguridade...); sobre o xogo como ferramenta didáctica e normalizadora falarannos
Xandobela.
Aulas Galegas ofrecerán unha ventá aberta a recursos didácticos dirixidos a familias, profesorado e alumnado...
Tamén haberá
presentación de experiencias do profesorado:
Coloma Romero daranos a coñecer o proxecto "Estacións de aprendizaxe" desenvolvido no CEP Celso Emilio Ferreiro, e
Olga Nogueira Fernández, do IES Ricardo Mella, exporá a súa experiencia do pasado curso que este ano comparte con outros centros: "Unha semaniña enteira".
Alén disto, a propia concellaría vai mostrar a súa nova páxina web.
Máis información e programa detallado na
páxina do SNL de Vigo.