CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


1925 votos
Votar | | | |


19-02-2022

A CTNL pídelle ao Concello de Rianxo que cubra a súa praza de técnico/a de normalización lingüística

Concello de Rianxo
A CTNL dirixiuse ao Concello de Rianxo para solicitarlle a cobertura da praza de técnico/a de normalización lingüística, vacante desde o mes de setembro. O SNL do Concello de Rianxo estivo en funcionamento de forma continuada durante máis de cinco anos.




O Concello de Rianxo conta desde maio de 2017 cun servizo de normalización lingüística (SNL) estable dotado dun posto técnico que na actualidade está vacante.

Durante os máis de cinco anos que estivo en funcionamento, este SNL planificou, xestionou e executou numerosas accións para promover o uso e o prestixio da lingua, alén de colaborar con outros servizos en campañas conxuntas, traballo colectivo que enriquece os proxectos e contribúe a optimizar recursos, ideas e resultados. Grazas a contar co SNL o Concello de Rianxo participou en programas como Enreguéifate, Club de Debate, Youtubeir@s ou o programa Apego. Dentro deste último mesmo desenvolveu actividades promovidas especificamente desde Rianxo, como A ruta do Apego ou As miñas 25 primeiras palabras. Tamén son destacables campañas exclusivas deste concello como En Rianxo ao noso xeito (https://concelloderianxo.gal/aonosoxeito), destinada ao comercio e á hostalaría, ou o impulso da publicación Cancioneiro escolar urxente de Rianxo, co fin de recuperar o patrimonio cultural, musical e lingüístico da vila.

A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA É COMPETENCIA MUNICIPAL

As entidades locais de Galicia teñen entre as súas competencias a normalización lingüística, é dicir, a promoción do uso e do prestixio da lingua galega en todos os ámbitos de influencia da entidade. Así o aclararon en 2018 a Dirección Xeral da Administración Local e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, coa redacción e difusión do Informe sobre a prestación do servizo de normalización lingüística pola Administración local en exercicio de competencia propia.

As ferramentas de traballo das administracións públicas para exerceren as súas funcións son os equipos técnicos especializados, tanto no departamento de urbanismo ou no de servizos sociais como no de lingua. É imprescindible un departamento técnico ou SNL estable, dotado de persoal e orzamento suficiente, para analizar a situación da lingua na entidade local, no municipio ou na comarca, asesorar a entidade en política lingüística e para planificar, xestionar, executar e avaliar accións e programas de normalización lingüística que interveñan nas áreas prioritarias onde o galego perde prestixio ou utilidade. En definitiva, os servizos de normalización lingüística son necesarios para que os concellos poidan exercer de forma eficaz as súas competencias en normalización lingüística.

Alén disto, o traballo de normalización da lingua, que procura transformacións sociais e o afianzamento da autoestima lingüística, necesita ser desenvolvido con continuidade para non perder eficiencia. A paralización dun servizo deste tipo non supón unha simple interrupción temporal do traballo, senón un retroceso no labor cotián e na implantación do departamento técnico na institución. No caso de Rianxo, este retroceso é facilmente evitable cunha próxima cobertura da praza de técnica/o de normalización lingüística, para non interromper máis tempo todas as accións que desenvolve o servizo e que con certeza as persoas destinatarias botarán en falta.

Por este motivo, a CTNL solicitoulle ao Concello de Rianxo que cubra o posto vacante de técnica/o de normalización lingüística, para continuar contando cun departamento especializado que planifique, xestione, execute e avalíe accións e programas de normalización da lingua.

Escrito dirixido ao Concello de Rianxo, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego