21-02-2022A Deputación de Pontevedra convoca axudas para creación, mantemento e reforzo de SNL

A
Deputación Provincial de Pontevedra convoca no
BOP do 21 de febreiro de 2022, o programa anual de
axudas para a creación, o mantemento e o reforzo de servizos de normalización lingüística nas entidades locais.
MODALIDADES DE AXUDASA convocatoria establece
tres modalidades de axudas:
-
creación de novos servizos de normalización lingüística
-
mantemento de servizos de normalización lingüística xa existentes
-
reforzo de servizos de normalización lingüística xa existentes.
ENTIDADES BENEFICIARIAS- Para a creación de SNL: concellos da provincia de Pontevedra de entre 5.000 e 50.000 habitantes ou ben as agrupacións de concellos, mancomunidades ou entidades locais menores da provincia que, en conxunto, cheguen a 5.000 habitantes.
- Para o mantemento de SNL: concellos da provincia de Pontevedra que no momento da publicación desta convocatoria teñan creado e en funcionamento un SNL.
- Para o reforzo de SNL: concellos que conten con SNL e queiran melloralo contratando persoal a maiores ou incrementando a xornada existente.
PERFIL TÉCNICO E FUNCIÓNS DOS SNLA Deputación Provincial de Pontevedra detalla na convocatoria os
requisitos de titulación dos técnicos/as de normalización lingüística e publica unha
relación pormenorizada das funcións que debe desenvolver un servizo de normalización lingüística (
base quinta da convocatoria).
PERÍODO QUE ABRANGUE A SUBVENCIÓNDo 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2022.
ORZAMENTO E CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDASO
orzamento total das axudas será de
200.000 euros.
Cando o beneficiario sexa un concello ou entidade local a Deputación contribuirá, no exercicio 2022, cun importe máximo de
20.000 euros para contratación do persoal técnico a xornada completa.
Se o contrato é de media xornada, o importe máximo será de 10.000 euros e, se a xornada é inferior, o importe reducirase proporcionalmente.
No caso de que a axuda se solicite para a creación, mantemento ou reforzo do SNL dunha
agrupación de concellos o importe máximo da axuda será de
25.000 euros por xornada completa e 12.500 euros por media xornada. Noutros tipos de xornada, sen que poida nunca ser inferior á media xornada, o importe reducirase proporcionalmente.
Se o orzamento total de 200.000 euros non for suficiente debido a un número elevado de solicitudes, o órgano concedente rateará entre as entidades beneficiarias da subvención o importe global máximo destinado ás subvencións.
PRAZO E MODALIDADE DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESO
prazo de presentación de solicitudes
é dun mes. Comeza o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria, é dicir,
o 22 de febreiro e finaliza o 21 de marzo de 2022.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na
Sede electrónica da Deputación de Pontevedra.
PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DAS AXUDASDe acordo coas bases e co extracto da convocatoria, o
prazo de xustificación das axudas remata
o 28 de febreiro de 2023.
Bases en .pdf. (BOP do 21 de febreiro de 2022)
Extracto en .pdf. (BOP do 21 de febreiro de 2022)