24-03-2022A Deputación de Pontevedra convoca axudas para actividades de dinamización da lingua en 2022

As convocatorias e os seus correspondentes extractos están publicadas no
BOP do 24 de marzo de 2022.
AXUDAS PARA ENTIDADES SEN FINS DE LUCROObxectoActividades que se realicen
entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022 das seguintes características:
- Fomento da creación e difusión cultural en lingua galega: certames literarios e xornalísticos, creacións audiovisuais e literarias, feiras e eventos que promovan a creación en lingua galega
- Sociolingüística e toponimia: estudos e publicacións sobre sociolingüística, xornadas e publicacións de recuperación da toponimia
- Fomento do emprego do galego no comercio e na industria: xornadas, campañas e publicacións para a dinamización comercial en lingua galega
- Recoñecementos e distincións: actividades, accións e publicacións relacionadas coa conmemoración do Día das Letras Galegas ou que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que aposten polo galego
- Obradoiros orientados a reforzar o traballo a prol do uso da lingua entre a veciñanza
- Producións de materiais en galego (documentación permanente, creativa ou publicitaria; revistas en papel e en formato electrónico, vocabularios, manuais; recursos para o lecer e xogos en galego, páxinas web; e outros) que teñan como fin introducir ou estender o uso da lingua nalgún eido.
DestinatariasEntidades sen fins de lucro que desenvolvan as súas actividades na provincia ou, excepcionalmente, fóra deste ámbito cando versen sobre temas de interese para a provincia
Orzamento120.000 euros
SolicitudesPresentaranse obrigatoriamente
por vía electrónica a través da
Sede Electrónica da Deputación de PontevedraPrazos- Para
solicitar as axudas: até o
25 de abril de 2022- Para
xustificar as axudas: até o
28 de febreiro de 2023Valoración das candidaturasNa base décimo segunda recóllense os
criterios de valoración das candidaturas, entre as que están o ámbito xeográfico, o orzamento ou a consolidación das actividades ou programas.
Bases da convocatoria, en .pdf (BOP do 24 de marzo de 2022)
Extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 24 de marzo de 2022)
AXUDAS PARA CONCELLOSObxectoActividades ou programas que se realicen
entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022 das seguintes características:
- Fomento da creación e difusión cultural en lingua galega: certames literarios e xornalísticos, creación audiovisual e literaria, feiras e eventos que promovan a creación en lingua galega
- Sociolingüística e toponimia: estudos e publicacións sobre sociolingüística, xornadas e publicacións de recuperación da toponimia
- Fomento do emprego do galego no comercio e na industria: xornadas, campañas e publicacións para a dinamización comercial en lingua galega
- Recoñecementos e distincións: actividades, accións e publicacións relacionadas coa conmemoración do Día das Letras Galegas ou que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que aposten polo galego
- Calquera outra actividade ou programa de actividades cuxo obxectivo sexa fomentar o uso do idioma galego entre a poboación, nomeadamente entre a infancia e a mocidade
- Fomento do emprego do idioma galego: actividades para a captación de neofalantes, actividades de dinamización e normalización da lingua galega.
DestinatariosConcellos da provincia de menos de 50.000 habitantes
Orzamento100.000 euros
SolicitudesPresentaranse obrigatoriamente
por vía electrónica a través da
Sede Electrónica da Deputación de PontevedraPrazos- Para
solicitar as axudas: até o
25 de abril de 2022- Para
xustificar as axudas: até o
28 de febreiro de 2023Valoración das candidaturasNa base décimo segunda recóllense os
criterios de valoración das candidaturas, entre as que están
dispoñer dun servizo de normalización lingüística.
Os concellos da provincia de Pontevedra poden dotarse de servizo de normalización lingüística beneficiándose doutra
convocatoria de axudas da propia Deputación. O
prazo para solicitar estas axudas para a creación, o mantemento ou o reforzo de SNL
finalizou o 21 de marzo.
Bases da convocatoria, en .pdf (BOP do 24 de marzo de 2022)
Extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 24 de marzo de 2022)
ADDENDASResolución das axudas concedidas pola delegación de Servizos Lingüísticos no primeiro semestre de 2022, en .pdf (BOP do 28 de xuño de 2022)
Esta resolución inclúe axudas para actividades de dinamización lingüística concedidas a concellos: a seis concellos con SNL e a 30 sen SNL.
Resolución das axudas concedidas a entidades sen fins lucrativos pola delegación de Servizos Lingüísticos, en .pdf (BOP do 3 de agosto de 2022)