24-03-2022A UVigo modifica a convocatoria de dúas prazas de técnico/a de normalización lingüística

Logo de que a CTNL interpuxera un
recurso de reposición conta a
convocatoria publicada no mes de decembro, a Universidade de Vigo
modificou as bases en dous aspectos:
- Varían os
requisitos de titulación que pasan a ser: estar en posesión do título de grao en estudos de galego e español, en lingua e literatura galegas, en galego-portugués ou licenciaturas equivalentes, ou calquera outro grao ou licenciatura, sempre que se estea en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5).
- Na
fase de concurso do acceso libre valórase a experiencia laboral: a) na mesma categoría na Universidade de Vigo con 0,167 puntos por mes completo traballado; b) na mesma categoría noutras administracións públicas con 0,0557 puntos por mes completo traballado.
NOVO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESÁbrese un
novo prazo de presentación de solicitudes de
20 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta nova resolución no
Boletín Oficial del Estado.
Este anuncio publicouse no BOE do 16 de maio de 2022, polo que
o novo prazo de inscrición estará aberto
do 18 de maio ao 14 de xuño de 2022.
Quen xa presentase a súa solicitude de participación non debe volver presentala. Se non o fixo, deberá acreditar o nivel de lingua galega requirido. Quen desexe renunciar á solicitude, deberá formulalo por escrito e dentro deste prazo perante o reitor da Universidade de Vigo.
Modificación da convocatoria, en .pdf (DOG do 24 de marzo de 2022)
Anuncio da modificación da convocatoria e do novo prazo de inscrición, en .pdf (BOE do 16 de maio de 2022)
Pódese consultar o resto da información sobre esta convocatoria
aquí.