CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


2701 votos
Votar | | | |


24-03-2022

A UVigo modifica a convocatoria de dúas prazas de técnico/a de normalización lingüística

Universidade de Vigo
A Universidade de Vigo publicou no DOG do 24 de marzo de 2022 a modificación da resolución do 1 de decembro de 2021, pola que se convocaban dúas prazas de técnico/a de normalización lingüística (de acceso libre e por promoción interna). Os cambios afectan os requirimentos de titulación e a valoración da experiencia laboral.





Logo de que a CTNL interpuxera un recurso de reposición conta a convocatoria publicada no mes de decembro, a Universidade de Vigo modificou as bases en dous aspectos:

- Varían os requisitos de titulación que pasan a ser: estar en posesión do título de grao en estudos de galego e español, en lingua e literatura galegas, en galego-portugués ou licenciaturas equivalentes, ou calquera outro grao ou licenciatura, sempre que se estea en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5).

- Na fase de concurso do acceso libre valórase a experiencia laboral: a) na mesma categoría na Universidade de Vigo con 0,167 puntos por mes completo traballado; b) na mesma categoría noutras administracións públicas con 0,0557 puntos por mes completo traballado.

NOVO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes de 20 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta nova resolución no Boletín Oficial del Estado. Este anuncio publicouse no BOE do 16 de maio de 2022, polo que o novo prazo de inscrición estará aberto do 18 de maio ao 14 de xuño de 2022.

Quen xa presentase a súa solicitude de participación non debe volver presentala. Se non o fixo, deberá acreditar o nivel de lingua galega requirido. Quen desexe renunciar á solicitude, deberá formulalo por escrito e dentro deste prazo perante o reitor da Universidade de Vigo.

Modificación da convocatoria, en .pdf (DOG do 24 de marzo de 2022)

Anuncio da modificación da convocatoria e do novo prazo de inscrición, en .pdf (BOE do 16 de maio de 2022)

Pódese consultar o resto da información sobre esta convocatoria aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego