01-05-2022O 17 de maio manifestámonos "por un novo futuro para a lingua"

A plataforma
Queremos Galego, da cal forma parte a CTNL, convoca de novo a manifestación do Día das Letras Galegas en Compostela. O lema da convocatoria deste ano é
"En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua".
A plataforma cidadá
Queremos Galego volve convocar a sociedade galega a unha
manifestación o 17 de maio. Será, como é habitual,
ás 12.00 entre a Alameda e a praza da Quintana.
En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a linguaEste é o lema da mobilización deste ano. Con el preténdese salientar
o traballo cotián para promover e prestixiar a lingua e que
estamos a tempo de conseguir un futuro novo e mellor, grazas á mobilización social.
Presentación da manifestaciónO pasado xoves, 28 de abril, Queremos Galego
presentou esta convocatoria en rolda de prensa na Libraría Couceiro de Compostela. Na presentación participaron representantes de parte das entidades que forman parte da plataforma.
Salientáronse no acto os
avances recentes grazas á perseveranza e ao esforzo do pobo galego, como a incorporación do galego ao catálogo de Netflix ou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que ratifica o dereito a recibir notificacións en galego cando se pide expresamente.
Tamén se puxo o foco nas carencias e dificultades para o noso idioma, como as que teñen que soportar as familias que queren criar nenos e nenas galegofalantes: no ensino, nas actividades extraescolares, no lecer...
E concluíuse que "
un novo futuro para o galego é posíbel se todas e todos, cidadanía, entidades sociais e gobernos, imos na mesma dirección, a de asegurar que o galego estea presente e plenamente dispoñíbel".
Autobuses para facilitar a asistencia á manifestación do 17 de maioA plataforma Queremos Galego porá á disposición das persoas que o desexen
transporte colectivo desde todas as comarcas, a prezos económicos.
A información dos puntos de saída estará dispoñíbel no web da plataforma.