CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


651 votos
Votar | | | |


18-05-2022

O Concello de Cedeira convoca a ampliación dunha bolsa de traballo para TNL

Anuncio do Concello de Cedeira no BOP
O Concello de Cedeira publicou no BOP de hoxe a convocatoria e as bases para a ampliación dunha bolsa de traballo para a contratación dun/dunha técnico/a de normalización lingüística. O sistema de provisión será un concurso de méritos e entrevista curricular. Prazo para presentar solicitudes: 10 días naturais.


O Concello de Cedeira publicou no BOP do 18 de maio de 2022 a convocatoria e as bases para a ampliación dunha bolsa de traballo para a contratación dun/dunha técnico/a de normalización lingüística.

REQUISITOS DE TITULACIÓN

- grao en Lingua Galega, licenciatura en Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués)

- outras titulacións de grao ou licenciatura sempre que se estea en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5)

SISTEMA DE SELECCIÓN

O proceso de selección consistirá en dúas fases:

- Concurso de méritos: valoraranse a experiencia profesional e os cursos de formación sobre materias relacionadas coas funcións da praza de máis de 20 horas. A valoración máxima desta fase é de 20 puntos.

- Entrevista curricular: a comisión realizará unha entrevista sobre aspectos do currículo, funcións do posto, actualización de coñecementos, coñecemento do municipio. A valoración máxima desta proba é de 1 punto.

PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais que se contarán desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP. É dicir, o prazo finaliza o 30 de maio de 2022, por ser non hábil o último día de prazo.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Cedeira, na Sede Electrónica ou na forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

TAXA DO PROCESO SELECTIVO

A taxa para participar neste proceso selectivo é de 15 euros, segundo o disposto no artigo 5.2 da Ordenanza municipal 2.6, reguladora da taxa pola participación en procesos selectivos.


Bases e convocatoria en .pdf (BOP do 18 de maio de 2022)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego