03-06-2022Xornada Aquí medra a lingua. Experiencias de dinamización do galego no ensino
O
Consello da Cultura Galega organiza
na tarde do 13 de xuño, a xornada
"Aquí medra a lingua. Experiencias de dinamización do galego no ensino", para presentar un documental sobre proxectos de dinamización lingüística de centros escolares de Galicia e reflexionar sobre prácticas, metodoloxías e formas de avanzar na normalización lingüística desde o ensino.
O
luns 13 de xuño, en sesión de tarde, o
Consello da Cultura Galega organiza a xornada
"Aquí medra a lingua. Experiencias de dinamización do galego no ensino", con dous obxectivos:
- Presentar o documental producido a partir da
serie de audiovisuais co mesmo nome sobre seis proxectos de centros escolares de Galicia- Reflexionar sobre prácticas, metodoloxías e formas de avanzar na normalización lingüística desde o ámbito educativo.
A
inscrición para a xornada, que é gratuíta, xa está
aberta e as
prazas son
limitadas.
Programa da xornada17:00 horas: presentación
Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega
Carmen García Mateo, coordinadora da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do CCG
Cristina de la Torre, realizadora audiovisual
17:15 horas:
A normalización lingüística nos centros de ensinoPilar Ponte, profesora e experta en dinamización lingüística
17:45 horas: proxección do documental
Aquí medra a lingua18:15 horas: coloquio con integrantes da comunidade educativa dos centros participantes
Modera:
Esther Estévez, xornalista
-
Sara Varela, profesora do CRA Nosa Señora do Faro, Ponteceso
-
Sonia Lamas, ANPA do CEIP Barouta, Ames
-
Belén Escariz, directora do CEIP Quintela, Moaña
-
Alejandro Fernández, exalumno do CPI Virxe da Saleta, Cea
-
Miruca Parga, profesora do IES Perdouro, Burela
-
Sofía Rama, profesora do IES Félix Muriel, Rianxo
19:30 horas: peche da xornada
Inscrición e máis información
aquí.