13-06-2022Bases da convocatoria dunha praza de tradutor/a de lingua galega na Deputación de Ourense

A
Deputación Provincial de Ourense publica as
bases da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de tradutor/a de lingua galega dentro da oferta de emprego público de 2019.
CARACTERÍSTICAS DA PRAZAA praza é de persoal funcionario do subgrupo A1.
REQUISITOS DE TITULACIÓN PARA PARTICIPAR NO PROCESO SELECTIVOTítulo universitario de grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios (galego e español), estudos de galego e español, de galego e portugués: estudos lingüísticos e literarios, lingua e literatura galegas, tradución e interpretación ou equivalentes ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do marco europeo de cualificacións) en calquera rama do coñecemento.
SISTEMA DE SELECCIÓNO sistema de selección é a
oposición libre.
A
oposición consistirá en tres exercicios obrigatorios e eliminatorios:
1.
Teórico escrito:
test sobre as materias do temario: 90 preguntas. A valoración será de 0 a 10 puntos e quedarán eliminadas as persoas aspirantes que non obteñan 5 puntos. Tempo de desenvolvemento: unha hora e corenta e cinco minutos.
2.
Teórico escrito: consistirá en
desenvolver por escrito dous temas do temario, dos cales un será da parte I e o outro da parte II, elixidos polos/as aspirantes de entre catro (dous da parte I e dous da parte II do temario) extraídos ao azar polo tribunal. Valorarase o contido, grao de coñecementos amosado e claridade no desenvolvemento da proba. A valoración será de 0 a 10 puntos e quedarán eliminadas as persoas aspirantes que non acaden 5 puntos. Tempo de desenvolvemento: unha hora e trinta minutos.
3.
Práctico escrito: consistirá en
resolver por escrito dous supostos prácticos en relación cos contidos da parte II do temario determinados polo tribunal inmediatamente antes da proba. Valorarase a profundidade de coñecementos, claridade e rigor na exposición e a adecuación das conclusións. A valoración será de 0 a 10 puntos e quedarán eliminadas as persoas aspirantes que non obteñan 5 puntos. Tempo de desenvolvemento: dúas horas.
O
temario inclúe 18 temas sobre materias xerais e 82 sobre materias específicas, que abranguen historia da lingua, variedades e rexistros, sociolingüística e po proceso de normalización lingüística, unha ampla descrición da gramática do galego, tipoloxía textual, dicionarios e mesmo literatura.
PRAZO DE INSCRICIÓNO prazo de inscrición neste proceso selectivo será de
20 días naturais desde o seguinte á
publicación da convocatoria no BOE.
Bases completas, en pdf. (BOP de Ourense do 13 de xuño de 2022)
Anuncio da convocatoria e das bases no DOG, en pdf (DOG do 23 de xuño de 2022)