CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


1378 votos
Votar | | | |


13-06-2022

Bases da convocatoria dunha praza de tradutor/a de lingua galega na Deputación de Ourense

Deputación Provincial de Ourense
A Deputación Provincial de Ourense publicou no BOP do luns 13 de xuño de 2022 as bases de varios procesos selectivos, entre eles dunha praza de tradutor/a de lingua galega. O prazo de inscrición está aberto do 17 de xullo ao 5 de agosto (20 días naturais).





A Deputación Provincial de Ourense publica as bases da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de tradutor/a de lingua galega dentro da oferta de emprego público de 2019.

CARACTERÍSTICAS DA PRAZA

A praza é de persoal funcionario do subgrupo A1.

REQUISITOS DE TITULACIÓN PARA PARTICIPAR NO PROCESO SELECTIVO

Título universitario de grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios (galego e español), estudos de galego e español, de galego e portugués: estudos lingüísticos e literarios, lingua e literatura galegas, tradución e interpretación ou equivalentes ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do marco europeo de cualificacións) en calquera rama do coñecemento.

SISTEMA DE SELECCIÓN

O sistema de selección é a oposición libre.

A oposición consistirá en tres exercicios obrigatorios e eliminatorios:

1. Teórico escrito: test sobre as materias do temario: 90 preguntas. A valoración será de 0 a 10 puntos e quedarán eliminadas as persoas aspirantes que non obteñan 5 puntos. Tempo de desenvolvemento: unha hora e corenta e cinco minutos.

2. Teórico escrito: consistirá en desenvolver por escrito dous temas do temario, dos cales un será da parte I e o outro da parte II, elixidos polos/as aspirantes de entre catro (dous da parte I e dous da parte II do temario) extraídos ao azar polo tribunal. Valorarase o contido, grao de coñecementos amosado e claridade no desenvolvemento da proba. A valoración será de 0 a 10 puntos e quedarán eliminadas as persoas aspirantes que non acaden 5 puntos. Tempo de desenvolvemento: unha hora e trinta minutos.

3. Práctico escrito: consistirá en resolver por escrito dous supostos prácticos en relación cos contidos da parte II do temario determinados polo tribunal inmediatamente antes da proba. Valorarase a profundidade de coñecementos, claridade e rigor na exposición e a adecuación das conclusións. A valoración será de 0 a 10 puntos e quedarán eliminadas as persoas aspirantes que non obteñan 5 puntos. Tempo de desenvolvemento: dúas horas.

O temario inclúe 18 temas sobre materias xerais e 82 sobre materias específicas, que abranguen historia da lingua, variedades e rexistros, sociolingüística e po proceso de normalización lingüística, unha ampla descrición da gramática do galego, tipoloxía textual, dicionarios e mesmo literatura.

PRAZO DE INSCRICIÓN

O prazo de inscrición neste proceso selectivo será de 20 días naturais desde o seguinte á publicación da convocatoria no BOE. Esta convocatoria publicouse no BOE do 16 de xullo de 2022, polo que o prazo de inscrición está aberto do 17 de xullo ao 5 de agosto de 2022.

Bases completas, en pdf. (BOP de Ourense do 13 de xuño de 2022)

Anuncio da convocatoria e das bases no DOG, en pdf (DOG do 23 de xuño de 2022)

Anuncio da convocatoria no BOE, en pdf (BOE do 16 de xullo de 2022)

Información sobre procesos selectivos no web da Deputación Provincial de Ourense

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Maio de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego