13-06-2022Tecnoloxías da linguaxe: as linguas na sociedade e na economía dixitais, curso de verán da USC
No marco das actividades de formación e diseminación do
Proxecto Nós, e co obxectivo de divulgar as múltiples oportunidades que ofrecen as tecnoloxías da linguaxe, o ILG e o CiTIUS organizan o curso de verán titulado
Tecnoloxías da Linguaxe: as linguas na sociedade e economía dixitais, que terá lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela
entre o 12 e o 15 de xullo.
O
obxectivo principal do curso é
difundir as múltiples posibilidades que actualmente ofrecen a intelixencia artificial e as tecnoloxías da linguaxe natural para a creación de aplicacións e servizos de uso cotián baseados nas linguas, como son os sistemas de tradución automática ou os asistentes virtuais.
No curso presentaranse os
fundamentos científicos da intelixencia artificial e as tecnoloxías lingüísticas, xunto coas
bases tecnolóxicas das aplicacións e os recursos que lle dan valor. As presentacións faranse dunha maneira accesible, atractiva e tamén práctica, resaltando este último compoñente aplicado co desenvolvemento de
talleres para a creación dalgúns destes recursos.
Presentaranse tamén
diversas iniciativas existentes a todos os niveis (gobernamental, académico e empresarial), que inciden no interese que ten para todas as linguas a súa presenza na sociedade, economía, e, xa que logo, no mundo dixital. Bos exemplos son o
Proxecto Nós para a lingua galega, o
Projecte AINA para a lingua catalá, o
Plan Gaitu para o eúscaro, o
PERTE en español: Nueva economía de la lengua para o español e as restantes linguas cooficiais do Estado ou iniciativas europeas como os proxectos
European Language Equality ou
CLARIAH.
MATRÍCULAA matrícula debe formalizarse a través da
páxina oficial da Universidade de Verán da USC, onde está dispoñible toda a información relativa a prezos, recoñecemento de créditos, etc. Unha vez na páxina, é preciso buscar o curso
16. TECNOLOXÍAS DA LINGUAXE: AS LINGUAS NA SOCIEDADE E NA ECONOMÍA DIXITAIS e seguir as instrucións de matrícula.
O
prazo de matrícula estará aberto ata o 1 de xullo de 2022.
A
taxa xeral é de
120 € e a
taxa reducida (estudantes de todos os niveis, pensionistas, desempregados/as, socios/as da Asociación de Antigos Alumnos da USC, PDI e PAS da USC) é de
70 €. Ademais, todas as persoas que non estean cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS, deben subscribir o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe que terá un custo de 17,50 €. Unha vez formalizada a matrícula, non se efectuarán devolucións excepto no caso de suspensión do curso.
Tamén se pode formalizar a matrícula directamente accedendo á
Secretaría Virtual da USC.
SEDE DO CURSOEscola Técnica Superior de Enxeñaría, rúa de Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15705 Santiago de Compostela (GPS: 42.87304, -8.56074)
Máis información e
programa completo e actualizado no
web do curso.